As categorías do CD Burela FS Pescados Rubén disputarán catro dos seus oito encontros desta fin de semana en Vista Alegre.
As competicións ligueiras distribuiranse na bomboneira. Arrancará a Liga Nacional Xuvenil o sábado, ás 12.30 horas, coa visita do IES Coruxo Vigo; como antesala, o Cadete B medirase en amigable ao Cidade de Viveiro, ás 10.30 horas. O domingo, en Liga Autonómica, infantís e cadetes recibirán o Troula Betanzos FS, ás 17.00 e 18.30 horas.
Os compromisos amigables dos laranxas terán como escenario o municipal de Guitiriz, coa presenza de Infantís, Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns, que se enfrontarán á escola local entre as 10.00 e as 12.20 horas.
Selección Galega. Ademais do chamamento do burelista Alejandro García, Mini, por Galicia Cadete para o adestramento de mañá en Santiago, o luns da vindeira semana repetirá o xuvenil Hélder Gonsalves, citado por Sub-19 para as 19.00 horas (pavillón compostelán de Santa Isabel).
Liga Nacional Xuvenil
CD Burela FS-IES Coruxo Vigo
Sábado 9 de novembro, ás 12.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Liga Autonómica Cadete
CD Burela FS-Troula Betanzos FS
Domingo 10 de novembro, ás 18.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Liga Autonómica Infantil
ED Burela FS-Troula Betanzos FS
Domingo 10 de novembro, ás 17.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Amigables
CD Burela FS Cadete B-Cidade de Viveiro Cadete
Sábado 9 de novembro, ás 10.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Concello de Guitiriz Infantil-ED Burela FS Infantil B
Domingo 10 de novembro, ás 10.00 horas, no pavillón municipal de Guitiriz
Concello de Guitiriz Benxamín-ED Burela FS Benxamín
Domingo 10 de novembro, ás 10.50 horas, no pavillón municipal de Guitiriz
Concello de Guitiriz Alevín-ED Burela FS Alevín
Domingo 10 de novembro, ás 11.40 horas, no pavillón municipal de Guitiriz
Concello de Guitiriz Prebenxamín-ED Burela FS Prebenxamín
Domingo 10 de novembro, ás 12.20 horas, no pavillón municipal de Guitiriz






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
