Comenzaron as Charlas Médicas en Foz, como todos os xoves de novembro. Nesta XIII edición, a primeira charla contou coa presencia de María Guinda, pediatra en Foz, que falou sobre “A febre no neno”, unha interesante ponencia tanto para país como para avós e cuidadores. Un síntoma habitual nos rapaces e que se corresponde coa visita habitual aos pediatras. Acompañaron na charla, o subdirector médico Ignacio Núñez Jiménez e o Alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira que deu as grazas á Xerencia Executiva levada por Francisco Antonio Soriano, polas facilidades que deron á hora de organizar estas xornadas e aao propio Ignacio Núñez.
Charla que este ano incidirán no so nos facultativos do Hospital senón tamén en enfermería e persoal do centro de saúde de Foz, como foi o caso destra primeira charla.