Foz, 13 de novembro de 2013. As charlas informativas sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Foz organizadas polo Concello e nas que participarán o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e técnicos municipais desenvolveranse nas parroquias dende este vindeiro sábado ata o mércores da próxima semana.
O rexedor municipal anunciou hoxe que “este vindeiro sábado, día 16, empezan as charlas sobre o Plan Xeral nas que estarán, aparte do alcalde, os técnicos municipais, para explicar a todos os veciños de todas as parroquias de Foz o PXOM que está en exposición ao público durante os meses de outubro e novembro”.
A primeira xuntanza informativa sobre o plan urbanístico será este sábado 16 na escola de San Acisclo ás 17 horas; e ese mesmo día ás 19 horas haberá outra no centro social de Santa Cilla. O luns 18 corresponderalles ás parroquias de San Martiño e Vilaronte: na primeira será ás 19 horas no teleclub e na segunda ás 21 horas no local da asociación de veciños. O martes, día 19, haberá charlas na escola de Fazouro, ás 19 horas, e no centro social de Nois, ás 21 horas. E rematarán o mércores, día 20, con xuntanzas ás 19 horas no centro social de Cordido e ás 21 horas no de Cangas.
Con este ciclo de charlas “explicaremos cos técnicos municipais o contido do plan nesas parroquias e todas aquelas dúbidas que se poidan expresar por parte dos veciños sobre o estado no que queda cada zona dende o punto de vista urbanístico”, comentou Javier Castiñeira, quen aclarou que “estas son as charlas verdadeiramente válidas, pois o resto entendo que son actos políticos por parte doutros grupos que eu creo que aproveitan esas reunións para falar doutras cousas que non son o Plan Xeral”. Por iso o alcalde invita “a todos os veciños das parroquias a que acudan a estas charlas, nas que serán ben informados polos técnicos do Concello”.
Castiñeira tamén anunciou que “a comisión do PXOM vai ter os días 21 e 22 deste mes á súa disposición aos técnicos redactores do plan para que todos os membros que o desexen, tamén os representantes das parroquias e dos grupos de traballo, poidan informarse de todas aquelas cousas que lles afecten aos colectivos que representan”.
“Esa é a forma de facer as cousas, con transparencia absoluta e tranquilidade. Quero dicirlles aos veciños que o Plan Xeral é algo moi serio, que o concello de Foz necesita un PXOM en condicións, que non pode quedarse atrás, que o resto dos concellos están avanzando neste sentido. O concello que se quede atrás evidentemente sufrirá un retraso importantísimo. É fundamental que os veciños estean ben informados, que defendan os seus intereses, pero tamén que entendan que un concello coma Foz non pode estar cunhas normas do ano 81, que provocan unha inseguridade xurídica enorme, que non están actualizadas, polo que se non se aproba un plan xeral os problemas poden ser moito maiores. Por iso entre todos, entre os grupos políticos e os propios cidadáns, temos que sacar adiante esta nova normativa e ter un planeamento moderno, que é o que necesitamos. A partir de aí haberá unha seguridade xurídica para todos aqueles que queiran investir no noso concello”, rematou o rexedor municipal.





















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



