O pasado sábado tivo lugar no mercado de Lourenzá a cea baile para conmemorar o X aniversario da nova era do equipo de fútbol sénior das ED. Lourenzá. O xantar consistíu nun fabuloso cocido que degustaron os 300 comensais que asisitiron. Como colofón, proxectouse un vídeo que retrocedía ós orixes do Atleti Lourenzá pasando polas diferentes temporadas ata a actualidade, incluindo ademáis entrevistas ós técnicos da nova era Cristóbal Vega, Segundo López e J. Manuel Teijeiro. Ademáis, houbo unha exposición dos 60 anos de historia do fútbol de Lourenzá; onde o público asistente quedou gratamente sorprendido. Ademais, recibiron unha placa conmemorativa os delegados do equipo de 1ª autonómica nestes 10 anos Juan Carlos Terrón e José Rodríguez.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



