Lourenzá, 25 de novembro de 2013. As actividades do ano dedicado polo Concello de Lourenzá a Francisco Fernández del Riego rematarán mañá martes, día 26, coa inauguración dunha exposición e unha loa a don Paco diante do seu busto a cargo do secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo.
A concelleira de Cultura, Lupe Flórez, anunciou que os actos que terán lugar mañá martes, 26 de novembro, “suporán o broche final ás actividades deste ano no que viñemos conmemorando a figura dun ilustre galeguista e recoñecido no mundo da cultura e das letras. O acto terá lugar a partir das sete e media da tarde cando a alcaldesa dará a benvida aos asistentes no salón de actos da Casa do Concello.
Posteriormente trasladarémonos a sala de exposicións da Casa da Cultura e arredor das oito menos cuarto terá lugar o acto de inauguración da mostra titulada 100 anos de Del Riego, unha exposición da cal somos comisarios Manuel Román Ramos, que é un historiador e gran coñecedor da figura de Francisco Fernández del Riego, e eu mesma, como concelleira de Cultura. É unha mostra coa que tratamos de lembrar as visións e a pegada que Francisco Fernández del Riego deixou en distintas figuras da nosa cultura e que está composta por unha serie de paneis con caricaturas de distintos autores alusivas á figura de Del Riego e, por outra banda, unha selección de textos tanto narrativos como poéticos onde cada un dos autores seleccionados deixa a súa idea do que supuxo ou supón o legado de Francisco Fernández del Riego para o mundo do galeguismo, da cultura e académico en Galicia”.
A edil de Cultura explicou que “arredor das oito e cuarto da tarde está previsto que diante do busto que está colocado na Praza do Conde Santo o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, realice unha loa á figura de Francisco Fernández del Riego. E este acto será o que supoña o peche deste ano dedicado a Fernández del Riego. Farase diante do busto de don Paco sempre e cando as condicións climatolóxicas o permitan. Se non sería trasladado ao salón de actos da Casa do Concello”.





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



