O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro; os Presidentes da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa dos traballadores provinciais, e os representantes das organizacións sindicais UGT, CIG e CSIF asinaron este martes un acordo de mellora das condicións de traballo do persoal funcionario e laboral do organismo lugués. Este acordo, froito do consenso ó ser subscrito polo 83% dos representantes dos traballadores, terá vixencia a partires do 1 de xaneiro de 2014.
Gómez Besteiro destacou a boa disposición de sindicatos, a Xunta de Persoal e o Comité de Empresa, para que este acordo se producise cun ambiente de consenso, xa que foi acordado pola ampla maioría das organizacións sindicais representativas do persoal, o que contribúe a que as relacións laborais na Deputación continúen levándose a cabo con transparencia e co interese xeral dos traballadores e a mellor prestación de servizos públicos como obxectivos fundamentais.
O Presidente salientou a relevancia dun acordo que, entre outras vantaxes, suporá unha racionalización de efectivos co conseguinte aforro na partida de gastos de persoal; unha avaliación aínda máis obxectiva e xusta do desempeño do traballo ou unha maior flexibilización dos horarios para axudar á conciliación da vida familiar e laboral. Segundo subliñou Besteiro, este acordo é importante “nestes tempos, porque é a proba que as condicións económicas non pode ser aproveitadas para reducir ou eliminar dereitos que pertencen ós traballadores”.
Pola súa banda, os representantes sindicais así como os Presidentes da Xunta de persoal e do Comité de Empresa, coincidiron en destacar o positivo dun acordo que, por exemplo, continúa na liña emprendida polo actual equipo de goberno en prol da redución das diferenzas salariais ou da mellora das condicións de traballo. Así mesmo, agradeceron a boa disposición para o diálogo por parte do goberno da Deputación.
Aforro de máis de 360.000 euros
Un dos contidos máis destacados que recolle este acordo é o da racionalización de efectivos, que permitirá un novo aforro na partida de gastos de persoal, neste caso de máis de 360.000 euros ó ano.
Os responsables provinciais dan un paso máis cara a optimización de recursos dirixida á creación dunha administración máis eficiente, sempre sen destruír postos de traballo, logo de tomar decisións como a disolución da Fundación Tor, a transferencia dos hospitais ó SERGAS ou a disolución do INLUDES.
Maior flexibilidade horaria
Outros dos puntos máis destacados deste acordo é a consecución dunha maior flexibilidade horaria, para axudar a conciliar vida familiar e laboral de xeito compatible as esixencias de prestación de servizos, mediante a implantación de horarios especiais en datas como Nadal ou festas patronais, sempre sen menoscabo do cumprimento do cómputo legal de horas fixado por Lei.
Este punto foi posible grazas ós excelentes resultados obtidos dende a implantación do actual sistema de control horario no 2010 –mediante pegada dixital-, posto que non só se cumpre o horario legal mínimo establecido, senón que se sobrepasa a xornada mínima nunha media de máis de 70 horas por empregado.
Avaliación do traballo aínda máis obxectiva
A Deputación de Lugo é pioneira en poñer en marcha mecanismos para asegurar a avaliación do traballo dos seus empregados públicos. Gómez Besteiro lembrou que, fronte a outras administracións como a Xunta de Galicia, que aínda está pendente dunha modificación da Lei da Función Pública de Galicia que permita contar con estes mecanismos, a institución provincia luguesa conta cun sistema de avalización obxectiva e individualizada do rendemento dos traballadores.
Este novo acordo asinado permitirá unha nova mellora dos sistemas de avaliación do traballo, cuantificable a través do chamado complemento de produtividade, facéndoos se cabe aínda máis obxectivos e xustos. Xa no 2007 se producira unha máis que notable mellora na asignación deste complemento, posto que co anterior goberno provincial non existía unha avaliación do desempeño de todo o persoal e só recibían complemento de produtividade o 35% dos traballadores da Deputación. A partires do 2008, aumentou nun 285% o número de traballadores que o percibiron, ademais de facelo máis equitativo entre categorías, ó que tamén contribuirá este novo acordo asinado.





















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



