Após da 38 Asemblea Xeral de ADEGA entregáronse os Premios Osíxeno 2013 no decurso do xantar de confraternidade. Desta volta, foi o presidente da APDR Antón Masa, o alcalde de Rianxo Adolfo Muíños, e o avogado de Nunca Máis Pedro Trepat os que recolleron os Osíxenos 2013 nas súas categorías de Honra, individual e colectivo, respeitivamente. O premoi consistíu nun diploma comemorativo e unha escultura do oleiro e artista carnotán Nacho Porto, elaboradas no seu alfar ao pé do Monte Pindo.
Resolucións da Asemblea
RESIDUOS: A Asemblea de ADEGA anima a todos os responsábeis municipais galegos a promover nos seus concellos, mancomunidades e deputacións sistemas alternativos para o tratamento do lixo á marxe ou complementares con SOGAMA. O debate sobre o modelo de xestión dos residuos non debe facerse só en clave económica, atendendo unicamente ao prezo do tratamento: Aconteceu que o modelo SOGAMA, baseado na incineración e o vertido, fracasou. É pois unha obriga dos responsábeis públicos apostar por modelos máis ecolóxicos, económicos e solidarios para a xestión dos residuos. Con valentía política e compromiso coa cidadanía pódense pór en marcha iniciativas para reducir dende xa a dependencia de SOGAMA.
ENCE: A Asemblea de ADEGA esixe da Xunta de Galiza un posicionamento negativo á permanencia de ENCE na ría de Pontevedra máis aló de 2018. A modificación da Lei de Costas abre a porta á permanencia de ENCE en Lourizán por outros 75 anos. A Xunta non pode mirar para outro lado e debe manifestar claramente ao Ministerio que calquera decisión que non pase pola marcha/traslado da celulosa en 2018 é inaceitábel. A Asemblea de ADEGA quere expresar tamén a súa solidariedade e firme apoio áveciñanza de Pontevedra na súa loita contra ás intencións da pasteira e os seus valedores políticos de perpetuarse como principal foco contaminante na ría, coartando as posibilidades de rexeneración e o desenvolvemento dos seus habitantes.
MINARÍA: A Asemblea de ADEGA esixe da Xunta de Galiza que publique xa a resolución do rexeitamento definitivo do proxecto mineiro de Corcoesto. Paralelamente, esiximos a retirada do Plano Sectorial de Actividades Extractivas que permitirá á patronal mineira asaltar novos territorios até agora vedados: Espazos naturais, paisaxes protexidas, xacementos históricos… Calquera modificación ou desenvolvemento do actual marco normativo (Lei da Minaría) debería establecer un veto á megaminaría contaminante, ao uso do cianuro, e antepoñer o ambiente, os usos produtivos compatíbeis e a saúde das persoas ao beneficio das mineiras.
A Asemblea de ADEGA tamén quixo facer un exorto a respeito da perda das institucións financeiras galegas, expresando a súa solidariedade cos estafados/as polas preferentes e os emigrantes saqueados polas multas de Facenda, e instándo á cidadanía galega a apostar pola banca ética e opcións financeiras como as que representa Fiare.
Foto: Ramsés Pérez


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



