A Fundación TIC, dependente da Deputación, amplía ós tres días do encontro de Campionatos Internacionais de Baristas do IES de Foz, do 10 ó 12 de febreiro, a súa emisión en directo por streaming. Deste xeito, ademais do VII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería e o II Campionato Internacional de Baristas Profesionais, todos os interesados tamén poderán seguir este ano a través da web da Fundación (www.fundaciontic.org) o II Campionato internacional de Catas de Café, que terá lugar na xornada inaugural.
O Deputado do Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano dixo que “serán os alumnos de 2º de Realización da Escola de Imaxe e Son (EIS) os encargados da realización, gravación e emisión en directo. Trátase por tanto, dunha práctica nun escenario real, un dos sinais de identidade da formación que impartimos na EIS”. Ademais, destacou “o éxito que tivo o ano pasado a transmisión por internet dos campionatos de escolas e de profesionais, que foron seguidos por 2.000 persoas”.
Alfredo Llano participou no acto de presentación que tivo lugar este mércores no instituto de Foz, ó que tamén asistiron o Alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, o director do centro, Nemesio Rodríguez, e a xefa do Departamento de Hostalería, Ana Alonso. O Deputado dixo que “grazas ó convenio entre a TIC e o IES de Foz, todos os interesados poderán ver os detalles das probas e seguilas desde calquera parte do mundo a través dos seus dispositivos móbiles. Así contribuímos a promocionar no exterior as ensinanzas de hostalaría que imparte o centro mariñán, no que 75 mozos estudan cociña e 42, servizos”.
Desenvolvemento do programa
As demostracións arrincarán o luns, 10 de febreiro, ás 18:00 horas co II Campionato Internacional de Catas de Café, nas que un alumno de cada centro participante fará unha proba de sabores e aromas de café. O martes, a partir das 8:30 horas desenvolverase a Final do VII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, na que participarán alumnos de 17 escolas de hostalería de Galicia, Asturias, Cantabria, Castela e León e Portugal. Por último, o mércores terá lugar o II Campionato Internacional de Baristas Profesionais, que reunirá a 16 especialistas desta disciplina . Amosarán as súas habilidades, entre outros, os actuais campións baristas de Galicia, Guillermo González; de Asturias, Adrián González; de Murcia, Edwin Chaverra; e de Cantabria, Alexis Javier Silva.
Práctica nun escenario real
A actividade da TIC é unha práctica do módulo de Realización de Televisión da EIS e nela os alumnos de 2º de Realización, co apoio de docentes, emitirán as probas dos tres campionatos a través da páxina web da TIC. Ademais, os que se acheguen ata ó instituto focense poderán seguir as demostracións dos participantes sen perder detalle, grazas a dúas pantallas de plasma. Coma noutras edicións, o material audiovisual que se obteña empregarase para a edición dun DVD, que se entregará posteriormente ó IES de Foz. Para esta práctica os alumnos da EIS empregarán unha unidade móbil, 5 cámaras autónomas e o material para o streaming. Cada estudante rotará por todos os postos, dende realización, son ou operador de cámara, e estarán pendentes de todo o equipo necesario para o directo.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



