Barreiros, 11 de febreiro de 2014.- A delegada territorial, Raquel Arias, visitou este martes o concello de Barreiros e mantivo unha xuntanza co alcalde, Alfonso Fuente, e cos técnicos da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) para valorar as medidas de apoio ás actividades de dinamización xuvenil sufragadas pola Xunta de Galicia.
A OMIX de Barreiros prestou atención durante o último semestre a preto de 2.500 persoas (2.492 usuarios), colaborando activamente en campañas de difusión da Dirección Xeral de Xuventude e cooperando tamén cos colexios no remate de curso e en iniciativas promovidas polos propios veciños de Barreiros –campaña de loita contra o cancro, a aula CEMIT e o centro sociocomunitario de Ribadeo.
No tocante ás axudas, Arias expuxo que a Consellería de Traballo e Benestar achegou 35.556 euros aos concellos da comarca da Mariña para a realización de actividades dirixidas á xuventude, así como para a promoción da información xuvenil e a incorporación dos mozos ás novas tecnoloxías.
O obxectivo destas axudas, segundo explicou a delegada, é “fomentar as actividades formativas e educativas no ámbito do ocio e tempo libre, así como o asociacionismo xuvenil e a utilización das novas tecnoloxías da comunicación por parte da xuventude de cada zona”.
Ao mesmo tempo, engadiu a delegada, esta medida pretende “potenciar os servizos municipais de información xuvenil integrados na Rede galega de información xuvenil”. Esta rede coordina os esforzos e iniciativas en materia de xuventude promovidos tanto por organismos privados como por organismo públicos, de xeito que “se aproveiten as sinerxias para chegar ao maior número de mozas e mozos con iniciativas interesantes dende o punto de vista social e cultural”, apuntou Arias.
Con esta liña de subvencións, a Xunta sufraga os custos derivados do normal funcionamento dun servizo de información xuvenil, así como as actividades de dinamización da información que se leven a cabo desde este. Igualmente, os concellos poden acometer actividades formativas e educativas, relacionadas coa creación xuvenil, programas de información e asesoramento, ocio e tempo libre e, en xeral, todas aquelas actividades relacionadas co fomento da participación e o asociacionismo xuvenil, todas elas destinadas á mocidade de idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos.
Obras teatrais en Barreiros
No caso de Barreiros, a colaboración por parte do departamento de Traballo e Benestar promoveu a realización de dúas obras de teatro por parte dos grupos A Maseira e A Adala, actuacións de maxia e un monólogo de Ramón Ángel Ares.
Ademais, dende a área de Xuventude de Barreiros impulsouse tamén unha charla-obradoiro sobre entrevistas de traballo na que participaron preto de 25 mozos e maiores. Do mesmo xeito, tamén se veñen realizando obradoiros de lectura, de técnicas de relaxación e concursos de debuxo e narración.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



