MADRID, 13 DE FEBREIRO.- O senador por Lugo –Ricardo Varela- vén de presentar na Cámara Alta varias preguntas, co obxectivo de coñecer cales son as previsións que manexa o Goberno Central para paliar os efectos causados polos últimos temporais na provincia lucense. Neste senso, o socialista subliña que “sabemos que ninguén é responsable da meteoroloxía, pero si de aplicar medidas que compensen as consecuencias. A Mariña foi unha das zonas afectadas pero o resto da provincia tamén, xa que os asolagamentos producidos nas zonas do interior son numerosos e os ríos, nestes momentos, corren o risco de desbordarse”.
Deste xeito, con este iniciativa, o Partido Socialista solicitará que o Executivo estatal active os protocolos necesarios para facer fronte a esta situación, xa que, a día de hoxe, ningún responsable non acudiu aína ás zonas afectadas para avaliar os danos; o que contrasta, asegura, coa celeridade coa que o Presidente da Xunta –Alberto Núñez Feijóo- visitou o santuario de Muxía, onde dixo que este “se ía arranxar si ou si, e custase o que custase”.
Por este motivo, e ante a posibilidade de que a provincia se vexa novamente afectada por futuros temporais, os socialistas agardan que o Goberno actúe “con algo máis de dilixencia” coa que o fixo, por exemplo, a administración autonómica.
“Tal e como dixo o compañeiro José Ramón Val, no Parlamento galego, a obriga da Xunta é antepoñerse a este tipo de desastres, pois de nada serve botarse as mans á cabeza cando o dano xa está feito. Por iso, agora esiximos ó Ministerio unha maior previsión porque, ademais dos danos ocasionados, as perdas que sofren os pescadores e os agricultores por ter a flota amarrada ou porque os seus cultivos están totalmente anegados son moi elevadas”.
Máis de 100 millóns
Por tanto, o senador lucense considera necesario que o Goberno dé explicacións e concrete as actuacións que ten pensado levar a cabo para paliar os desperfetos ocasionados. Tal é así que, a forte choiva e o forte vento producido nas últimas semanas, e que sacudiu especialmente á cornixa cantábrica, ocasionou importantes danos nas Comunidades do norte de España. Precisamente, só nunha primeira aproximación, lembra Varela, o titular de Agricultura xa manifestou que os estragos producidos en Galicia, Cantabria e o País Vasco ascenden a 108 millóns de euros; “unha factura que ameaza con incrementarse por culpa da chegada de novas borrascas”, afirma o socialista.
E é que a avaliación do Goberno que, afecta a infraestruturas públicas e privadas, revela que só en materia de costas, cuxa reparación corresponde directamente ao Estado, os desperfectos son de 21,5 millóns de euros.






















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



