Burela, 13 de febreiro de 2014. O salón de plenos do Concello encheuse esta tarde para escoitar unha charla sobre o alzheimer, que organizou o departamento de Servizos Sociais.
O alcalde, José Mª González Barcia, dixo que “desde o Concello en función das nosas posibilidades e responsabilidades o que tentamos é achegarlle á cidadanía os problemas que sofre a sociedade e que lle poden afectar a calquera persoa. Estamos diante dunha tipoloxía de enfermidade propia do século XXI”.
O rexedor considera que “a nosa obriga é axudarlle á xente a ter información sobre esta enfermidade e a que as persoas de apoio non teñan baixóns anímicos, que poidan e saiban regular e combinar a súa vida coa do doente. Os coidadores teñen que saber dosificar o esforzo que realizan cos seus enfermos”.
González Barcia tivo palabras de agradecemento e recoñecemento para a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán: “desde o equipo de goberno axudamos a poñer en marcha unha asociación de enfermos de alzheimer e estámolos a apoiar en todo o que podemos. A nosa intención é seguir colaborando con este colectivo e organizar máis actividades destinadas ás persoas enfermas de alzheimer e aos seus coidadores para que saiban levar da mellor forma posible unha situación que se sabe cando comeza, pero non cando remata. Na Concellería de Servizos Sociais levamos dous e medio traballando moito e así seguiremos”.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



