A Deputación arranca este venres o seu novo plan de impulso das vendas dos produtos autóctonos a través de destacados establementos hostaleiros, unha iniciativa desenvolta noutras Comunidades, como Asturias e Cantabria, con resultados exitosos. 10 balnearios, hoteis e paradores lucenses comezan este venres, aproveitando a afluencia de visitantes con motivo do San Valentín, a promocionar variados produtos nos seus establecementos.
Os centos de persoas que xa fixeron a súa reserva para esta xornada nestes negocios atoparán un expositor baixo o lema “E para comer Lugo” con, por exemplo, chourizos e salchichóns do Piornedo; oruxo branco, licor café, licor de herbas e crema de oruxo de Becerreá; tortas e madalenas de améndoa de Guitiriz; tartas e amendoados de Mondoñedo; bolachas de castañas, crema de castaña e marmeladas do Folgoso de Courel; mel do Valadouro…
Proximamente, nas portadas das páxinas web dos establecementos haberá un apartado destacado e específico con información sobre os produtos autóctonos, no que se remarcarán todos os seus puntos de venda e no que se incluirá un enlace á 1ª plataforma de comercio electrónico da provincia, www.losproductosdelugo.com, para a súa compra directa en Internet. Ó longo do ano, principalmente en datas de maior afluencia de público, como Semana Santa, San Froilán, Arde Lucus…, os negocios hostaleiros organizarán actividades de promoción, como por exemplo degustacións.
Establecementos iniciais
Os 10 destacados establecementos lucenses que comezan hoxe a promocionar os produtos autóctonos para incrementar as súas vendas co plan da Deputación son: Parador de Ribadeo; Parador de Vilalba; Parador de Monforte de Lemos; Hotel Spa Attica 21 Vilalba; Hotel Ego; Hotel O Val do Naseiro; Hotel Thalasso Cantábrico Las Sirenas; Hotel Coto Real; Hotel Balneario de Guitiriz e Hotel Balneario Augas Santas. Nos vindeiros días, farán o mesmo os seguintes 4 negocios hostaleiros: Gran Hotel Lugo; Hotel Pazo de Orbán e Sangro; Hotel Santiago, e Hotel Jorge I.
De xeito inicial, son 14 os balnearios, paradores e hoteis lucenses sumados a este novo proxecto da institución e 55.000 os lotes de produtos que se promocionarán ó longo de 8 meses. Comprobados os resultados, o organismo provincial estenderá esta iniciativa a máis establecementos e produtos.
Con este novo proxecto, a Deputación contribúe á creación de sinerxias entre profesionais da provincia, co obxectivo mellorar a súa competitividade. Deste xeito, os produtores amplían o seu mercado mentres os hostaleiros ofrecen un novo atractivo nos seus establecementos, incrementando ambos os seus beneficios.
























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



