En relación ao comunicado remitido este xoves pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, o Grupo Provincial do Partido Popular quere deixar claro que:
• En ningún momento cuestionou as actividades nin a función que promove a Asociación Socio-pedagóxica Galega (AS-PG) e, moito menos, a xustificación dos gastos que realiza.
• O que o Grupo Provincial do Partido Popular está a cuestionar é a xestión e o reparto que do diñeiro público se está a promover dende a Deputación de Lugo.
• Aos populares parécelles loable que a Asociación Socio-Pedagóxica Galega dea a coñecer o seu posicionamento, pero non vai consentir que se desvirtúe a mensaxe que se puxo de manifesto na nota de prensa remitida onte aos medios de comunicación
• Así, o Grupo Provincial do Partido Popular reitera que o PP non pon en dúbida a actividade e as accións que promove a citada asociación, o que considera un despropósito é:
1.- A elevada contía económica que se lle está a conceder a citada asociación en proporción coas actividades que realiza na provincia e máis cando se trata dun ente con domicilio na Coruña.
2.- Que haxa que sumar as contías que perciben varias asociacións con domicilio en Lugo, para que durante estes anos reciban a metade do que obtivo unha asociación ubicada na Coruña.
3.- Que as axudas concedidas dende a administración lucense a AS-PG sexan superiores ás que lle achega, por exemplo, a Deputación da Coruña. Non critica a concesión de subvencións a esta asociación por parte da Xunta de Galicia ou da Deputación da Coruña, -AS-PG ten domicilio dentro da súas áreas xeográficas de goberno-.
4.- O procedemento mediante o cal se concederon as axudas, -nominativo-, impide participar na concesión a outras asociacións. Polo tanto, a concesión das axudas é de carácter directo.
5.- Por último, o Grupo Provincial do Partido Popular considera sorprendente a vinculación de persoas que traballan con esta asociación e o BNG, que bigoberna a Deputación de Lugo. Os populares denunciaron xa varios casos de coíncidencias entre membros afíns ao BNG e as asociacións perceptoras de axudas.
• Polo tanto, os populares queren deixar claro que o seu grupo non cuestiona a actividade da asociación. O que o GPP está a poñer en evidencia é o criticable reparto que dos fondos públicos se está a promover dende a Deputación de Lugo, e que xa denunciaron en varias ocacións por considerar que se está a seguir un criterio sectario e partidista.





















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



