O BNG de Burela non comprende como, tras anunciar unha obra a golpe de foto e nota de prensa, os usuarios do parque Rosalía de Castro levan 3 meses sen poder utilizar a zona de xogos, unha obra rematada fai xa case dous meses e foi anunciada a súa apertura para o Nadal.
Tras consultar todo o expediente da obra, o grupo municipal do BNG comprobou como o concello invitou a tres empresas a orzamentar a obra, sendo escollida a entidade coa oferta mais económica, uns 2000 euros de diferenza entre os 37.000 das dúas que foron descartadas e os 35000 da empresa finalmente contratada.
O que non se sabe e se a zona de xogos do parque vai saír mais cara do orzamentado inicialmente, posto que se están a retomar as obras, descoñecéndose o incremento que esto vai supor no prezo final do contrato. Unha mostra mais da incapacidade para xestionar do equipo de goberno.
Aínda así, estes feitos non son, se cadra, os mais graves. O que para o BNG de Burela semella mais grave é o feito que se leva dando nas últimas semanas, que os usuarios da zona infantil do parque, están a traspasar o valado de seguridade que cerca a obra para poder disfrutar dos xogos, o que implica un risco moi alto de calquera tipo de accidente ou desgraza, sen que dende o concello se fixese nada para solucionar esta situación de total inseguridade.
Por todo o anterior, o BNG local preguntará por escrito no concello se a obra está rematada, as datas de comezo e remate das obras, por que a instalación non se abriu unha vez finalizada a obra, se estivo correctamente pechada e sinalizada, a data de apertura ó público, se iso significará a reparación ou substitución de xogos e materiais instalados, se iso vai supor un aumento no orzamentado e cal sería ese aumento e se foi efectuado xa algún pagamento á empresa contratada.
En resumo, o goberno local do PP preocúpase mais de saír nas fotos de cara a galería cando fai calquera tipo de anuncio que de que as obras se rematen nos prazos acordados, que se podan abrir con garantías de cara ó público, a parte de que os prezos que se presupostan se axusten a realidade. E dende logo tampouco se está a preocupar de dar nengún tipo de explicacións os usuarios e a todo o conxunto dos habitantes de Burela, nin de mirar pola súa seguridade.





















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



