O grupo Municipal UNIFOZ presenta unha moción para o seu debate en Pleno sobre o estado da N-642 ó seu paso pola Mariña.
Dende Unifoz consideran que “a N642 é o único aceso que hai para a comunicación para os pobos da Comarca da Mariña ata San Cibrao e nos últimos tempos, como consecuencia da cantidade de trafico rodado, así como a pouca atención de mantemento, da como resultado que o seu estado parece de outro século”.
Tendo en conta que “os puntos nos que se pode ver esta estrada totalmente deteriorada, co conseguinte prexuízo e perigo para os veciños que teñen que desprazarse pola mesma diariamente”, dende Unifoz instan á corporación municipal a instar ao Goberno do Estado para que o Ministerio de Fomento repare de forma urxente o firme da nacional N642 ó seu paso pola comarca.