RIBADEO (FNC) .- AA praia de As Catedrais contará por primeira vez cun punto de información turística, grazas ao convenio asinado entre o Concello de Ribadeo e a Deputación Provincial de Lugo. O anuncio facíao esta mañá o rexedor, Fernando Suárez, que sinalou que “nun dos escenarios turísticos de maior renome do país como é a praia das Catedrais, alí mesmo onde ano tras ano, e cada ano máis, veñen milleiros de persoas, de visitantes, de turistas… calquera pode achegarse alí e escoitar cincuenta mil linguas e cincuenta mil culturas diferentes que veñen aquí, queremos alí mesmo dar información turística sobre esa praia, sobre o noso concello, sobre a nosa comarca, sobre o noso país, de aí que asinamos un convenio coa Deputación de Lugo por importe de preto de 27.000 euros para que no período estival teñamos alí colocado un punto de información turística atendido por persoal e para iso tamén editamos varios milleiros de folletos en catro linguas (galego, español, inglés e francés) acerca da praia das Catedrais”.
O alcalde subliña que “é a primeira vez que se edita algo específico e concreto deste areal para dar a coñecer desde o punto de vista ecolóxico, xeolóxico, da flora e da fauna toda esa zona. O convenio tamén contempla unha partida importante para reforzar a limpeza nas Catedrais, e que contribuirá a deixar todo aquelo empatenado”. Fernando Suárez engadiu que “agardamos poder repetir os galardóns que recibimos estes anos e que poidamos mellorar servizos como o de socorrismo que fagan deste areal o dos mellores servizos do mundo, porque de xeito atractivo xa o é”.
O rexedor lembrou que aínda temos deficiencias que imos tentar de solventar como o do aparcamento…temos alugado un aparcamento cercano con autorización de Costas e de Medio Ambiente, pero queremos que o goberno estatal se involucre máis para recuperar ese borde costeiro, con adquisición de parcelas para crear prazas de aparcamento xa definitivamente construidos a un lado ou outro da estrada. E que esto nos leve a evitar pedir permiso temporal durante o verán alugando prados, que está ben para saír do paso, pero necesitamos darlle un tratamento máis consolidado no futuro”.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro izaron hoxe as bandeiras azuis nas praias de Os Castros-Illas e As Catedrais. Neste areal ondea tamén a bandeira coa Q de calidade turística que lle foi concedida por primeira vez. No acto estiveron tamén representantes das asociacións de veciños de A Devesa, o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Ribadeo, Gervasio Cao e o presidente de ADEAC, José Palacios.





















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



