Lourenzá, 10 de marzo de 2014. A concelleira de Cultura en Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, destacou que o desfile de Entroido celebrado este domingo en Vilanova foi un éxito de público grazas ao bo tempo.
Ademais a edil pide “desculpas polos pequenos erros que puidesen terse producido e dos que a organización toma nota para intentar emendalos nas vindeiras edicións” e agradece publicamente “a colaboración das agrupacións de Protección Civil tanto de Lourenzá como doutras localidades, que de maneira voluntaria nos acompañaron nesta xornada.
Tamén queremos facer mención ó xurado, composto por membros das áreas de Cultura (concelleiros, técnicos de cultura e turismo, animadores socioculturais, etcétera) dos concellos de Abadín, Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Ourol e Xove, que garanten a obxectividade das decisións tomadas”.
Lupe Flórez tamén fixo público o agradecemento aos participantes no desfile e destacou que “viñeron de lugares moi diversos e entre os premiados houbo xente de Lourenzá, Barreiros, Foz, Ribadeo, Burela, San Cibrao, Valadouro, Alfoz, Pastoriza, Vilalba, Castro de Rei, Lugo, Vegadeo, Tapia, etcétera, sen os cales a xornada de festa non sería posible, xa que son os verdadeiros protagonistas do noso Entroido”.
E este é o listado dos premiados:
INFANTÍS:
Categoría INDIVIDUAL
| Posto | € | Nome do participante |
| 7º | 20 € | Aixam Transformer |
| 6º | 25 € | Princesa Medusa |
| 5º | 30 € | Up |
| 4º | 40 € | Sin freixós non hai entroido |
| 3º | 45 € | La flor de mi jardín |
| 2º | 55 € | Mario Bros |
| 1º | 65 € | Tiana y el Sapo |
Categoría PARELLAS
| Posto | € | Nome do participante |
| 5º | 15 € | Orientales galácticas |
| 4º | 30 € | As espigadas |
| 3º | 50 € | As caixiñas de música |
| 2º | 75 € | As damas do palillo |
| 1º | 100 € | A mundo das fadas |
Categoría GRUPOS
| Posto | € | Nome do participante |
| 5º | 50 € | Os exipcios do C.E.I.P. Juan Rey |
| 4º | 100 € | La perla negra |
| 3º | 150 € | El pequeño reino de Ben y Holly |
| 2º | 200 € | O cociñeiro e as súas langostinas |
| 1º | 250 € | Os esquimós achéganse a Lourenzá |
ADULTOS:
Categoría INDIVIDUAL
| Posto | € | Nome do participante |
| 3º | 75€ | Corchos en Venecia |
| 2º | 100 € | Winnie the Pooh vaise de Carnaval |
| 1º | 150 € | Recordo de Galicia |
Categoría PARELLAS
| Posto | € | Nome do participante |
| 3º | 75 € | A Frouxeira |
| 2º | 125 € | As reinas do Abanico |
| 1º | 200 € | En el tiempo de los dinosaurios |
Categoría GRUPOS
| Posto | € | Nome do participante |
| 3º | 100 € | 101 Dálmatas |
| 2º | 200 € | Os farillóns |
| 1º | 300 € | Alegría d´os mismos |
Categoría CARROZAS
| Posto | € | Nome do participante |
| 3º | 100 € | ——- (quedou deserto) |
| 2º | 250 € | ——- (quedou deserto) |
| 1º | 350 € | Moulin Rouge |
Categoría CHARANGAS
| Posto | € | Nome do participante |
| 3º | 100 € | ——- (quedou deserto) |
| 2º | 200 € | ——- (quedou deserto) |
| 1º | 300 € | O mellor de cada casa |
Categoría COMPARSAS
| Posto | € | Nome do participante |
| 3º | 150 € | Os Macanudos |
| 2º | 250 € | Sin Xeito |
| 1º | 350 € | A Choca |
Premio especial O MÁIS CHISTOSO
| Posto | € | Nome do participante |
| 50 € | Gym Tonic |





















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



