Lourenzá, 17 de marzo de 2014. O Concello de Lourenzá repartirá 20 composteiros entre os veciños interesados en participar nunha nova campaña de compostaxe doméstica promovida pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense a través dun convenio con Sogama. Anunciouno a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, a través dun bando que fixo público este luns.
O técnico de emprego do Concello de Lourenzá, José Cuadrado, que é mestre composteiro, explicou que “a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, a través dun convenio firmado con Sogama, volve poñer en marcha un programa de compostaxe doméstica, como o que xa tivo lugar hai uns anos no noso concello. O obxectivo é reciclar a materia orgánica en orixe a través da súa transformación en compost, que é un abono natural cunhas excelentes propiedades para o solo e que se pode utilizar tanto en xardíns como en hortas en substitución dos fertilizantes artificiais, acadando uns importantes beneficios ambientais, económicos e sociais para todos os veciños”.
José Cuadrado engadiu que “este proxecto supoñerá unha práctica medioambiental máis correcta, que servirá de exemplo para as familias que queiran colaborar, incidindo así nos valores que lles inculcamos aos máis pequenos, ao mesmo tempo que reduciremos os gastos e melloraremos o entorno. A materia orgánica que se bota no composteiro reduce a que se bota no colector habitual reducindo así os gastos que orixina o lixo”.
Cuadrado tamén comentou que “en principio o Concello de Lourenzá vai repartir un mínimo de 20 composteiros a aquelas persoas que estean interesadas en participar neste programa e vaise seguir unha rigorosa orde de inscrición, ou sexa os vinte primeiros que se inscriban serán os que terán prioridade para levar o composteiro. Estes participantes van ter unha formación a cargo dun técnico de Sogama para que saiban como levar o proceso e a maiores os mestres composteiros faranlle un seguimento case diario. Os mestres composteiros serán o concelleiro de Medio Ambiente, Antonio Reigosa, e máis eu”.
O técnico de emprego do Concello de Lourenzá anima a todos os veciños a participar neste programa, que “é unha iniciativa que xa se leva facendo tradicionalmente nas casas, pero desta maneira faise de maneira un pouquiño máis profesional”.






















Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



