Lugo, 18 de marzo de 2014. Cando en abril de 2008, a Consellería do Medio Rural (CMR) do goberno bipartito, sacou a liña de axudas destinada ao fomento de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos, en concordancia coas políticas que recomenda a Unión Europea de apostar por unha produción de alimentos sans e de calidade, tanto a CMR como os/as titulares das granxas, asumían durante cinco anos un compromiso: os/as gandeiros/as comprometíanse a cumprir medidas que fomentaban as razas autóctonas en base á superficie e, a cambio, a CMR facíase responsable do pago de ata 156 € anuais por animal reprodutor.
O Partido Popular, unha vez que asumiu o goberno galego, dado que non podía eliminar estas axudas, comezou un constante recorte dos importes que reciben os labregos/as (xa na campaña 2011 o retallamento chegou a un 45% sobre a cantidade inicial), pero foi na campaña correspondente ao ano 2012 que, aínda agora se ven de resolver, cando o executivo de Núñez Feijoo deixo ver o pouco que significa para el o sector de vacún de carne galego.
Nesta anualidade, sobre o 75% das solicitudes de renovación de compromisos no ano 2012 quedaron fora das axudas, iso si, unha vez que as explotacións afectadas si que cumpriron coas súa obrigas.
En base a isto, a Federación Rural Galega-FRUGA comezou unha campaña informativa denunciando este abuso onde se instaba a todos/as os/as afectados/as a recurrir esta resolución que consideramos inxusta. Tamén, a partir de aí, acordouse realizar unha mobilización do sector de vacún de carne en Lugo, que é onde se atopan a maior parte dos afectados. Pois ben, a concentración celebrouse hoxe pola mañá diante da delegación da Xunta de Galiza en Lugo a onde se achegaron centos de persoas afectadas. Alí, Xurxo Álvarez e Elías Somoza, presidente e responsable de sectores gandeiros de FRUGA, denunciaron os retrasos na resolución desta axuda, a súa notificación só a través do DOG e tamén os erros que tamén se deron en moitas das aprobacións, en definitiva, a situación de indefensión na que se atopan os/as afectados/as.
Tamén falouse da necesidade de deter a agresividade con que a Xunta de Galiza actúa contra o vacún de carne: os continuos recortes e a posterior non renovación do Contrato de Explotación Sustentable (CES), a paralización do BANTEGAL e a falta de defensa dos intereses das granxas galegas no próxima reforma da PAC e que vai supoñer menos ingresos dos actuais, sumada ao constante suba dos costos de produción e o conxelamento dos prezos que reciben os/as labregos/as, fan que o descenso da renda sufrido nas explotacións de carne sexa máis que preocupante.
Desde a Federación Rural Galega-FRUGA, continuaremos loitando para facerlle ver ao Sr. Núñez Feijoo, que lle debe un respecto ao sector do vacún de carne, una actividade estratéxica en Galiza que emprega a 9.000 familias e que é a principal actividade económica en moitas comarcas.
Do mesmo xeito, continuaremos atentos do que poida acontecer con esta axuda de razas autóctonas en extensivo: non pararemos ata que a Xunta de Galiza rectifique e se aproben todos os expedientes que cumpriron cos seus compromisos.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



