Ribadeo, 18 de marzo de 2014. Os empresarios Andrés Tojal e Jesús Carreira recibirán o vindeiro venres os premios ribadense e socio do ano de ACISA, respectivamente. Os galardóns entregaranse no transcurso da III Cea da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.
A cita é unha data moi especial xa que se festexará o 25 aniversario da fundación da asociación. A partir das nove da noite, no Parador de Turismo de Ribadeo, terá lugar o acto conmemorativo de dito aniversario ó que asistirán, entre outros, a directora xeral de Comercio da Xunta, Sol Vázquez; a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias; o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga; a vicepresidenta segunda da institución provincial, Lara Méndez; o presidente da Mancomunidade de Municipios de A Mariña, Alfonso Fuente; o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez; e representantes das Acias de toda a comarca.
Trala cea entregaranse os premios ó ribadense e ó socio do ano. Andrés Tojal recibirá o galardón como ribadense do ano e Jesús Carreira ó socio do ano. Dende a directiva aseguran que “cuando propusimos estos nombres, junto a otros que los socios han votado a lo largo de las últimas semanas, pensamos en la larga trayectoria empresarial y profesional que ambos empresarios han tenido y en lo que ambos supusieron también para ACISA en la puesta en marcha de la asociación y en sus primeros años de vida”.
No evento tamén recibirán os seus premios os establecementos gañadores do concurso de escaparates que convocou ACISA o pasado Nadal. Son: El Rincón del Gordo, Bora Bora, Glass, Guidán Delicatesen e Bodegas Ribeirao.


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



