A Asociación Cultural Os Aventados que, baixo a batuta entusiasta do humanista Pablo Mosquera, dende a fermosa Península da Paz, irradia sobre a sociedade marinán os raios benfeitores das ansias culturais, celebra asamblea xeral o sábado, 22 de marzo, evento no que, como é tradicional, o olectivo entrega o premio “Árdelle o Eixo!”, instituido polo mesmo para galardón de persoas ou entidades que ´destacan polo seu labor a prol do desenvolvemento cultural e social da nosa bisbarra, así como tamén o recoñecemento a empresas que, desde perspectiva semellante, son referente nos distintos pobos da comarca.
O profesor Francisco Piñeiro González, nado nese berce da historia e da cultura do noso contorno, a benamada cidade de Mondoñedo, é persoeiro excepcional e a súa entrega á causa cultural non ten parangón: poeta, escritor, autor, actor e promotor/director teatral, é peza principal e mesmo definitiva no espertar do interese polo Arte de Talía na comarca. Él, coa súa dona Paz Rodríguez, musa e razón de ser do artista, tamén implicada á par co compañeiro nun “tandem da cultura” do que dificilmente se atopa semellanza en lugar algún; dende o mais riguroso altruismo, gastan incontables horas dos seus días na entrega sen lindes a canto pode significar o espallamento da cultura popular, o estudo da historia dos nosos pobos (sirvan como exemplo o ímprobo e brillante traballo realizado coa publicación do libro referido á tradición musical de Alfoz/O Valadouro ou o da historia do teatro na Mariña), sempre dispostos á colaboración que materializan a cotío dende un talante no que sobresae a humildade, que tívose sempre por virtude dos grandes homes e mulleres. Cando o cronista, na intimidade, considera a personalidade única do mindoniense, do mais fondo saelle o berro tribal que neste caso é expresión de admiración e gratitude hacia o amigo entrañable: “árdelle o eixo, Piñeiro!”, e únese dese xeito á homenaxe que tan acertada e xustamente lle renden Os Aventados.
Suso Fernández.















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



