Viveiro, 21 de marzo de 2014. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, presentou esta tarde, a IV Copa Deputación de Piragüismo na sede do Club de Viveiro, acompañado por representantes dos seis clubs que participarán nesta competición que se disputará entre os meses de abril e agosto deste ano.
Segundo indicou Veiga, “esta proba é un auténtico éxito desde a súa primeira edición e medra en poder de convocatoria, atraendo a moitísimos deportistas ao remo e, igual que na súa primeira edición, constará de seis regatas xa que cada proba é organizada en colaboración con cada club participante no seu lugar de orixe”.
“Grazas a poñer en marcha esta copa – continuou o vicepresidente- logramos que se incrementasen o número de fichas federativas, o que significa que máis xente practica piragüismo en Lugo, porque este diñeiro redunda nos propios clubs e supón unha inxección económica importante en concepto de premios, que axuda a manter a actividade dos clubs, ademais da propia motivación que supón pelexar por unha mellor clasificación e número de padexeiros inscritos, que tamén puntúa positivamente de cara a mellorar a clasificación na competición”.
Tal e como o ano pasado, os clubs participantes poden inscribir a padexeiros de todas as categorías desde benxamín a veteranos en Kaiak, e desde infantil a veterano en Canoa. As regatas puntuables desta IV Copa Deputación de Piragüismo son organizadas por cada un dos clubs participantes e as datas son as seguintes:
05/04/2014 10.00h – Regata de Lugo (organizada polo Club Fluvial de Lugo)
04/05/2014 10.00h – Regata de Lugo (organizada polo Club Cidade de Lugo)
22/06/2014 15.00h – Regata de Ribadeo (organizada polo club local)
06/07/2014 16.30h – Regata de San Cibrao (organizada polo club local)
10/08/2014 16.00h – Regata de Viveiro (organizada polo club local)
24/08/2014 16.00h – Regata de Foz (organizada polo Kaiak de Foz)
A IV Copa Deputación de Piragüismo prevé destinar en premios a todos os clubs 16.800 euros, incrementando así a cantidade de edicións anteriores. Nesta IV edición a partida económica a repartir entre os clubs basearase en dous criterios: participación (40% do total segundo o número de padexeiros inscritos) e clasificación (60% do total segundo os postos conseguidos).
“Un dos obxectivos que establecemos desde a nosa chegada á área de Deporte da Deputación centrouse na revitalización dun deporte histórico en Lugo, como o piragüismo, comezando por volver a poñer en marcha a escola de Piragüismo que se atopaba en estado de abandono, para logo centrarnos en apoiar aos clubs lucenses de piragüismo, auténtico motor do deporte, a través da mediación da Federación Galega de Piragüismo, para organizar esta competición da que hoxe poñemos en marcha a súa cuarta edición, a Copa Deputación de Lugo de Piragüismo” – concluíu Veiga.






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
