Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2014.- Catro meses despois da posta en marcha da Unidade de Hospitalización a Domicilio (HADO) do Hospital da Costa, teñen xa acceso a este servizo os pacientes dos 14 concellos da área sanitaria da Mariña lucense. Así o afirmou hoxe a xerente do Servizo Galego de Saúde, Mª Nieves Domínguez, quen resaltou que isto permite ofrecer ao paciente no seu domicilio os coidados médicos e de enfermería continuados e en igual calidade que no hospital, e prestar apoio aos seus familiares.
A hospitalización a domicilio posibilita prestar asistencia sanitaria ao paciente no seu fogar dun xeito máis humanizado e integral, potenciando a autonomía funcional, e a independencia socio-familiar, e garantindo a continuidade e a calidade asistencial.
Unha das principais vantaxes é que o paciente mantense no seu contorno, o que supón unha maior comodidade, tanto para el como para a súa familia, ademais dunha maior intimidade. Ademais, mellórase o aproveitamento dos recursos hospitalarios ao conseguir adecuar as estancias ás necesidades dos pacientes, evitando ingresos prolongados que non achegan valor.
A nova unidade de HADO do Hospital da Costa, tras realizar as obras de adaptación necesarias, dispón dun local propio e conta cun vehículo oficial para a realización dos desprazamentos aos domicilios. Actualmente esta unidade conta con tres profesionais, un médico e dúas enfermeiras, que neste momento atenden a unha media diaria de entre 10-12 pacientes.
O servizo está dispoñible para os pacientes dende as 8 ata as 21 horas de luns a domingo. En horario nocturno, e como ocorre no resto das comunidades autónomas, a solicitude de demanda asistencial cóbrese a través do 061 que mobiliza, cando é necesario, os recursos sanitarios de acordo coa situación clínica do paciente.
Esta Unidade atende a pacientes con patoloxías cirúrxicas; médicas (tanto pacientes agudos como crónicos agudizados (EPOC agudizados, insuficiencias cardíacas, hepatopatías crónicas…); e atencións paliativas, entre outras.
A xerente do Sergas explicou que existen ademais, unha serie de condicións necesarias para que un paciente poida ser atendido no seu domicilio por HADO (ter un diagnóstico establecido, unha situación clínica estable e a posibilidade de realizar o tratamento no domicilio), segundo os criterios de seguridade, adecuación e información.
En canto aos criterios de adecuación e información, destacou a necesidade de aceptación por parte do paciente e coidador; as adecuadas condicións socio familiares; e a existencia dun coidador principal, familiar ou non, que estea en condicións de colaborar co equipo de HADO nos coidados que require o paciente unha vez que se atopa no seu domicilio.
“Isto permite que enfermos con determinadas patoloxías sigan o tratamento no seu fogar cos mesmos medios que no hospital, pero coa vantaxe de evitar o seu ingreso –declarou Nieves Domínguez-; e seguiremos traballando para conseguir que todos os pacientes da comarca reciban a mellor atención sanitaria, o que pon de manifesto o compromiso do Servizo Galego de Saúde por seguir mellorando a atención que prestamos á cidadanía da Mariña lucense”.
Ligazón:






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



