A Mariña, 02 de marzo de 2014.- O Partido Popular da Mariña celebrou que o desemprego baixe na nosa comarca por riba da media nacional, autonómica e provincial, amosando unha tendencia esperanzadora nunha bisbarra na que a crise tivo un grande impacto no mercado laboral.
Citando os datos oficiais feitos públicos hoxe pola Xunta, o deputado Vidal Martínez-Sierra sinala que A Mariña lucense experimentou o pasado mes de marzo un descenso do -3,56%, superior á media estatal que se situou no -0,34%, á media galega que estaba no -1,29%, e incluso á media provincial do -2,42%
DOUSCENTOS SETE PARADOS MENOS
“Se falamos en termos absolutos son 207 os veciños da Mariña que abandonaron as listas do paro, familias que agora poden mirar doutro xeito o seu futuro” –sinalou Martínez-Sierra quen, en todo caso, insiste en fuxir do discurso triunfalista cando “aínda queda camiño por andar”
De feito o deputado popular, dixo que tanto o PP como os seus Gobernos “seguiremos traballando, para que os que aínda non teñen emprego poidan atopalo”. E afirmou que aínda que sexa sen a colaboración da Deputación -que exclúe a todos os concellos da Mariña excepto á Pontenova do seu plan de emprego- seguirán esforzándose para recuperar todos os postos de traballo destruídos polo PSOE.
O PARO BAIXA EN TODOS OS CONCELLOS DA MARIÑA
Vidal Martínez-Sierra indicou que en tan só un mes, o número de parados nas tres bisbarras da Mariña pasaron de preto de 5.900 a algo máis de 5.600, unha evolución salientable que espera poida consolidarse como tendencia. Indica tamén que a redución do desemprego é xeneralizada e, un dato importante é que baixa en todos os concellos da Mariña sen excepción.
DATOS INTERANUAIS
Por outra banda, a redución do número de desempregados tamén se confirma na tendencia anual, xa que logo hoxe hai 250 parados menos que no mes de marzo de 2013, isto é un descenso do 4,26%
Á baixada experimentada do paro hai que engadir as novas inscricións á Seguridade Social que en Galicia aumentaron en 83.984 persoas. Trátase do mellor comportamento da afiliación nun mes de marzo desde 2007, cando foi do 0,76%.
ESPAÑA -0,35% -16.620
GALICIA -1,29% -3.608
LUGO -2,42% -691
A MARIÑA -3.56% -207






















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



