Mondoñedo (Lugo), 3 de abril de 2014. A tradicional feira das Quendas de Mondoñedo celebrárase os días 30 de abril e 1, 2 e 3 de maio e contara con dous grandes protagonistas por un lado o mindoniense Fran Bouso será o pregoeiro desta nova edición das festas mindonienses, e por outro a actuación da televisiva cantautora asturiana Paula Rojo. Ademais a Comisión das Quendas anuncia que esta traballando en novos proxectos que se iran anunciando en vindeiras datas.
A comisión organizadora das Festas das Quendas quere subliñar de Fran Bouso “o compromiso fiel e desinteresado que sempre amosa por Mondoñedo. Para nosoutros é un autentico orgullo que este ano sexa o pregoeiro porque o seu traballo a prol de Mondoñedo e dos mindonienses é un autentico exemplo para todos nos”, explicou Miguel Souto Presidente da Comisión Organizadora.
O mércores dia 30 de abril comeza as festas co pregón de Fran Bouso e a Orquestra Satélites. O xoves 1 de maio celebrarase a feira anual no Campo dos Paxariños, festa da empanada na Alameda dos Remedios, e o ritmo musical correra a cargo da Orquestra Trebol. O venres 2 de maio actúa a orquestra Principal.
Para rematar as Festas das Quendas 2014 o sábado dia 3 de maio haberá exhibición de hípica (concurso de salto) que se celebrará no recinto da Granxa, actuación na Alameda dos Remedios da Orquestra Los Players e o concerto estelar no Auditorio de Mondoñedo da cantante de Paula Rojo.
Fran Bouso un pregoeiro dinamizador da vida cultural de Mondoñedo
Fran Bouso. Mondoñedo (1976). Mestre; colaborador de diversos medios de comunicación; dinamizador cultural, foi técnico de Cultura, Prensa e Protocolo do Exmo. Concello de Mondoñedo; antigo directivo da Asociación Cultural “Leiras Pulpeiro” e secretario da A. C. “Monfadal”; clarinetista na Banda de Música “Pascual Veiga” de Mondoñedo e colaborador da Orquestra de Cámara de Xove. Formou parte do Orfeón da Sociedade de Obreiros e do Coro Municipal de Monforte de Lemos. Membro do comité executivo de Feiramostra “As San Lucas”. Coordinador do Grupo Literario Leiras Pulpeiro. Actualmente traballa no C.E.I.P. de San Clodio (Ribas de Sil).
Actuación da televisiva Paula Rojo nas Quendas
A cantante asturiana Paula Rojo (Oviedo, 1990), presentará nas Quendas o seu álbum debut “Érase un sueño”. A cantautora asturiana de country e pop acadou popularidade trala súa participación na primeira edición do programa de televisión musical La voz (España), emitido por Telecinco. Rojo colaborou con músicos como Ramón Arroyo (Los Secretos), Juan Carlos Fuguet, Raúl Márquezo do grupo”The Wild Horses”. O concerto celebrárase no Auditorio de Mondoñedo, o día 3 maio, e as entradas que terán un importe de 10 euros, serán reservadas mediante un teléfono que a organización facilitará no seu momento.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



