Ribadeo, 3 de abril de 2014. Ribadeo será escenario do Xeolodía 2014, que se celebrará o 10 de maio e que leva por título As Catedrais: pasado e futuro nas mans do Cantábrico. Trátase dun routeiro guiado pola costa ribadense no que poderán participar un máximo de 56 persoas. O Xeolodía está organizado polo Concello e coordinado pola Sociedad Geológica de España. A actividade foi presentada este mediodía polo concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, polo xeólogo Francisco Canosa e pola técnica de Turismo do Concello, Begoña García.
O edil nacionalista sinalou que “se trata de facer varias excursións polo noso concello para observar o patrimonio natural con ollos de xeólogo. Ver que realmente contamos cun medio natural que sen axuda non seríamos capaces de interpretalo, pero que si se nos explica incluso seríamos capaces de defendelo”. Cupeiro tivo palabras de agradecemento para a Sociedad Geológica de España “por pensar en Ribadeo para facer esta actividade, xa que foi elixida na provincia de Lugo. Tamén lle queremos agradecer á Fundación Española para La Ciencia y La Tecnología polo financiamento”.
O concelleiro de Medio Ambiente subliñou que “desde o Concello estamos a dar pasos para a declaración da nosa costa como xeoparque con ánimo dun desenvolvemento sostible ao ser esta unha zona moi sensible ás actuacións irresponsables da sociedade. Facemos moitos esforzos e ás veces non nos vemos suficientemente acompañados polas institucións, porque sempre nos din que está moi protexida esa zona e iso non é certo. Si sabemos que hai un sistema de protección maior como sería o caso dun parque natural debemos defendelo”. Cupeiro advierte de que “si toda esa zona se masifica o que facemos é destruír algo que ten un grande valor. Para que sexa sostible hai que facer un control da poboación visitante, dicirlle e marcarlle ata onde pode chegar, por onde non pode pasar e porque si pasa por algúns lugares estes se degradarán. Na praia das Catedrais hai un hábitat prioritario que son os brezos e o ulex (toxo) que se debe protexer, hai que poñer información para que o turismo non degrade toda esa zona e toda esa vexetación”.
Pola súa banda, Francisco Canosa dixo que “o Xeolodía é unha actividade que promove potenciar o coñecemento da sociedade do que representa a xeoloxía e a defensa do patrimonio xeolóxico. En Ribadeo faremos un percorrido en dúas quendas, unha pola mañá e outra pola tarde, dado que agardamos unha grande participación da xente. Veremos distintos puntos salientables nos que se dará unha pequena explicación, animada con láminas ilustradas, de tal xeito que a xente poida ter unha idea previa do que é a xeoloxía da zona”. Canosa engadiu que “tamén lles facilitaremos unha guía xeolóxica para que a xente despois asimile na súa casa aqueles conceptos que poidan ser un pouco máis complexos”.
O xeólogo Francisco Canosa indicou que “a defensa do patrimonio xeolóxico é unha parte fundamental do Xeolodía porque elementos coma a praia das Catedrais a protección que presenta nestes momentos non é suficiente para preservala do turismo tan intenso que está a sufrir nos últimos anos. A idea é esa: que non se quede só nun percorrido xeolóxico, senón que as institucións se poñan de acordo e pensen que é unha xoia que debemos coidar no futuro, porque unha vez que a perdamos será irrecuperable”.
E a técnica de Turismo de Ribadeo, Begoña García, subliñou que “esta actividade está a ser un éxito. Sorprendeunos a todos un pouquiño, tivemos que presentala na páxina da Sociedad Geológica de España e só con iso recibimos un montón de correos e de chamadas de diferentes partes de Galicia e de Asturias para acompañarnos e facer a visita con nós. É unha iniciativa que esperta interese e que nos mostrará que a praia das Catedrais e a nosa costa é un lugar fermoso, pero que ademais é un lugar desde o punto de vista xeolóxico e xeomorfolóxico espectacular que debemos preservar e ter en conta”.
A visita á costa de Ribadeo neste Xeolodía, que terá lugar o 10 de maio, terá seis paradas, con saída desde Piñeira ata As Catedrais pasando polas cetáreas de Rinlo. A inscrición estará aberta ata o 8 de maio e poderá realizarse por teléfono chamando ao 982 128 689 ou na seguinte dirección de correo electrónico: canosa@geol.uniovi.es.

























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



