Contan por Toledo que Juanelo Turriano (Giovanni Torriani) era un enxeñeiro italiano do século XVI que construíu un artilugio para transportar auga desde o río Tajo ata a cidade imperial, que está a uns 100 metros por encima da canle do río. Os expertos aseguran que era capaz de levar 16 000 litros ao día, ¡unha barbaridade para a época! Ao final por problemas burocráticos non cobrou o seu invento e ficou arruinado. Para evitar pedir esmola e por vergoña, construíu un robot de madeira para que lle substituíse na mendicidad. Finalmente morreu na máis dura indixencia. Aínda hoxe en Toledo queda unha rúa co nome de “Home de Pau”.
O Goberno actual, do estado, ante a bancarrota das autopistas de peaxe, anunciou a súa intención de rescatalas, aportando a nada despreciable cantidade de 2 400 millóns de euros. Como ven, unha bagatela. Gustaríame coñecer a aqueles que fixeron o estudo de mercado favorable destes macroproiectos. Creen vostedes que esta pais pódese permitir estes dispendios?.
Temos todas as nosas necesidades básicas cubertas. A Sanidade, a Educación, os Servizos Sociais son excelentes? Desgraciadamente non todos opinan o mesmo, sempre hai augafiestas dispostos a amargar as boas noticias. Segundo Cáritas, con ese dineral poderíanse rescatar o que de verdade importa: ¡700 000 familias! Imaxínanse tantas familias contentas por fin
É moito mellor ou máis rendible para algúns axudar ás empresas constructoras antes que ás familias?. De verdade a ninguén do Goberno ocorréuselle axudar aos case seis millóns de parados? Nin aos autónomos que loitan día tras día para subsistir sen ter que pechar? Non se podería investir ese diñeiro en mellorar os nosos servizos esenciais? É sorprendente, cada día os nosos malqueridos políticos sorpréndennos cunha falcatruada maior que o día anterior. É magistral a súa capacidade para superarse diariamente. E mentres, ao pobo soio lle impórta unha cousa: Quen gañará a Liga este ano?. Unha cousa lles pido, pensen un pouco e sexan bos e xenerosos.
Otero Regal.

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



