Mondoñedo, 5 de abril de 2014.- O Partido Popular de Mondoñedo e Novas Xeracións da localidade botan a andar un programa de voluntariado dirixido ao acompañamento tanto dos maiores da residencia de anciáns San Rafael do municipio, como das persoas discapacitadas do Hospital San Pablo, tamén de Mondoñedo.
O proxecto nace baixo o nome de Acompáñame co obxecto de “colaborar no apoio social aos residentes dos citados centros, dende charlar con eles, ata pasear ou realizar actividades de ocio e tempo libre, entre outros”.
Así o enumerou a presidenta de Novas Xeracións da localidade, Bea Meilán, que xunto á voceira local, Elena Candia, quixeron dar a coñecer hoxe este iniciativa coa que “pretendemos fomentar o voluntariado, potenciar o compromiso e impulsar a participación individual e colectiva no ámbito social da comunidade”.
Neste senso, as populares explican que “o apoio social é unha responsabilidade de todos, sen esquecer que o principal é o benestar dos usuarios do San Rafael e San Pablo”.
Obxectivos e actividades
Polo tanto, os obxectivos cos que nace o proxecto Acompáñame é o de dotar aos referidos centros de voluntarios para o acompañamento dos seus usuarios, ademais de posibilitar o intercambio xeracional, potenciar a importancia do voluntariado no ámbito social, exercer unha función de apoio aos coidadores e responder ás necesidades dos usuarios.
Estas finalidades búscanse cumprir a través do desenvolvemento de diferentes actividades a realizar coas persoas maiores e con discapacidade como son: acompañamento, charlas, paseos, actividades de ocio e tempo libre, actividades de relacións sociais, talleres ou calquera outra que os centros estipulen.
Voluntarios
Os populares explican que cumpren o perfil de voluntario persoas de calquera idade, con inquietudes sociais e con sensibilidade de cara ás persoas maiores ou con discapacidade.
Deste xeito, para obter maior información os interesados en participar no proxecto deberanse poñer en contacto coa entidade organizadora (Partido Popular local e Novas Xeracións).






















O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.



