O pasado 3 de abril, os membros da Escola de Maiores do Concello de Xove viaxaron ao Concello de Cabanas (A Coruña), nunha das súas visitas culturais, que neste caso tivo unha importante impronta medioambiental, tal como veremos máis adiante. A viaxe a realizaron acompañados pola Concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad López, e pola Educadora Familiar, Angélica Casabella Quelle. En canto ao desenvolvemento da propia visita, pola mañá, en compaña do Alcalde e a Concelleira de Servizos Sociais de Cabanas, así como pola Educadora Social, visitaron a Praia e o Pinar de Cabanas, pasaron pola Aula de Medioambiente das Fragas do Eume e visitaron o Mosteiro de Caaveiro. Xa pola tarde, despois de xantar, tiveron a oportunidade de coñecer o funcionamento da empresa “Meigas Fóra”, produtora de licores, para rematar a estancia cunha visita á Igrexa de Cabanas.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



