A comedia urbana para adultos escrita pola autora arxentina Febe Chaves, dirixida por Pedro Rubín e protagonizada por Fernando Morán, Ana Santos e Xosé López Baño “Tanas” chega a Viveiro. A acción sitúase nun baño público de homes, no que conflúen tres individuos, dous homes e unha muller. Tres seres que entablan unha singular amizade nese singular espacio.Todos teñen unha historia oculta que vaise desvelando a través da obra. Utilizan un lugar nada convencional e moito menos acolledor, para facer catarse e atopar que os escoiten, intentando comunicarse deixando caer as súas máscaras sociais pouco a pouco. Humor, suspense e moitas ganas de amor, nunha obra para reflexionar sobre os vínculos humanos e a amizade baixo o título “Desfeitos” o sábado 26 de abril no Teatro Pastor Díaz a partir das 20.30 horas.
Desfeitos no Teatro Pastor Díaz
Desfeitos no Teatro Pastor Díaz
Relacionado
-
Obradoiro de Educación emocional e técnicas de relaxación o 24 de maio ás 10:30 no Centro Sociocultural de Alfoz
-
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este mércores á Festa daFilloa, que reuniu no recinto feiral de Muimenta centos de veciños evisitantes arredor desta receita tradicional
-
O Concello de Vilalba, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, inauguraron na Sala Ramón Guntín de Vilalba, a mostra «Castelao grafista (facsímile)»