As 12 de mediodía e o son de gaitas procedeuse ó destapado da placa que rinde recordo e honor a “A OS HOMES E MULLERES QUE VIVIRON E MORRERON DEFENDENDO A LIBERDADE, A XUSTIZA E A LEGALIDADE DA II REPÚBLICA VIVEIRO ABRIL DE 2014.
A encargada de iniciar este acto foi: Toñita Pérez Bruces de Viveiro a quen asesinaron parte da súa familia na posguerra a represión dos franquistas. Seguidamente un grupo de participantes depositou unha coroa de laurearos na honra das persoas de Viveiro e bisbarra que deron a súa vida pola liberdade.
Posteriormente Alfonso Otero Regal, promotor do evento desde o complexo cultural Regal Xunqueira pronunciou unhas palabras que acompanamos aquí:
Xuntamonos aquí para lembrar neste mes de abril, mes da República, ós cidadáns que polos seus ideais republicanos foron vítimas na nosa cidade da represión política perante a mal chamada Guerra Civil, pois o foi un golpe de Estado protagonizado polos militares, a Igrexa Católica e a oligarquía contra a legalidade saída das urnas, e tamén na posguerra por defender a liberdade, a xustiza e a legalidade da II REPÚBLICA.
Como deixou dito o poeta e filósofo JORGE AGUSTÍN NICOLÁS RUIZ DE SANTAYANA “Un pobo que esquece a súa Historia, está condenado a repetila”. Frase, que por certo esta escrita en inglés e en polaco na entrada do bloque número 4 do campo de concentración de Auschwitz. Por iso é imprescindible recuperar o noso máis triste e noxento pasado e de paso recordar a quen viveu e morreu asoballado defendendendo a legalidade vixente e a liberdade fronte a barbarie, o militarismo e o fascismo que ensombreceu este pouco perante 40 anos.
En Viveiro a guerra pasou de longo pero este pobo sufreu os desmáns duns cantos criminais, con nomes e apelidos, que sementaron o terror non só nesta bisbarra senon que tamén se fixeron tristemente famosos pola “razzias” que executaron no noroeste asturiano e esta xente que morreu na súas casas rodeados de crucifixos e procesións nunca pediron perdón.
Intentamos os aquí presentes corrixir a inxustiza de que en Viveiro non existe un triste letreiro ou monumento a estes 100 mortos, paseados, fusilados, torturados, represaliados e denigrados, a pesares de que fai xa van de 30 anos de democracia e 11 de gobernos de esquerda en Viveiro.
Isto non pasa en ningún lugar deste Estado, e non nos deixa en bo lugar diga ou que diaga a cantiga de “É Viveiro delicioso e terra de democracia”. Aquí, máis ála de sendos actos do Bloque recordando os mortos, e unha placa no cementerio de Altamira, non existe un recoñecemento oficial a toda esta xente marxinada e morta por defender a liberdade.
Aquí un grupo de xente, non moi numerosa, pois o medo e o que dirán segue a propiciar que moitos non veñan á convocatoria pública, xente boa e xenerosa que corrixe este erro histórico de Viveiro, poñendo unha placa nun dos barrios periféricos e marxinados, barrio obreiro e proletario, pero anuncio que este acto terá segunda parte e terceira e ou que faga falta. O ano que ven comezaremos a poñer os nomes destes 100 mortos. E ademais pediremos firmas para poñer unha placa e monumento público as deceas de republicanos asasinados cobardemente na ponte do Barqueiro.
Os que non estan aquí e porque non quixeron, convidamos tanto por os medios de comunicación como por correo electronico a a alcaldesa e concelleiros de todos os partidos. Os que están, este feito os honra, e os que non están este feito tamén os condea ó desprezo.
Xa que como ben dicía Walter Benjamin: é tarefa máis ardua honrar a memoria dos seres anónimos que a das persoas soadas. A construción histórica está consagrada á memoria das que non teñen nome.
VIVAN OS MORTOS POLA LIBERDADE!
VIVA A REPÚBLICA!






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



