Cando en abril de 2008, a Consellería do Medio Rural (CMR) do goberno bipartito, sacou a liña de axudas destinada ao fomento de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos, en concordancia coas políticas que recomenda a Unión Europea de apostar por unha produción de alimentos sans e de calidade, tanto a CMR como os/as titulares das granxas, asumían durante cinco anos un compromiso: os/as gandeiros/as comprometíanse a cumprir medidas que fomentaban as razas autóctonas en base á superficie e, a cambio, a CMR facíase responsable do pago de ata 156 € anuais por animal reprodutor. O Partido Popular, unha vez que asumiu o goberno galego, comezou unha campaña programada de acoso e derribo ao sector da carne galego. Viñeron progresivamente os recortes e os atrancos para un o normal funcionamento do Contrato de Explotación Sustentable (CES), despois a paralización do Banco de Terras de Galiza (BANTEGAL) e finalmente tamén chegou o asedio ás axudas de razas autóctonas.
Como non podían eliminalas, comezaron a recortalas cada ano un pouco máis ata chegados o último dos cinco anos, que aínda se veu de resolver recentemente, no que o 75% das solicitudes que cumpriron cos requisitos quedaron fora das axudas. Despois das mobilizacións e dos recursos presentados por FRUGA despois dunha resolución chea de irregularidades, a Xunta publicou unha modificación, pero sen poñer un peso máis, polo que practicamente as mesmas explotacións, máis de 600, e que cumpriron co pactado, seguiron na lista das denegacións. En vista disto, hoxe, o sector de vacún de carne, volveu a Lugo a mostrar a súa indignación á porta da delegación da Xunta de Galiza, onde centos de gandeiros/as afectados protestaron por algo que é claramente inxusto e discriminatorio. Ata a propia delegada territorial, Raquel Arias puido comprobar, xa que cando pasou por diante da concentración foi preguntada pola multitude sobre o porqué deste abuso, aínda así, non se dignou a recibir unha representación de damnificados.
Despois desta última modificación desta axudas, desde FRUGA puxemos novamente a disposición dos/as interesados/as un novo recurso con alegacións e tamén volvemos protestar a Lugo como medida de presión, e así vamos continuar ata que todos os expedientes que cumpriron cos compromisos sexan aprobados e todas as granxas reciban os cartos que lles pertencen. Do mesmo xeito agotaremos a vía administrativa e incluso non descartamos acudir ao contencioso en defensa do que é, a todas luces, xusto.
FRUGA continuará loitando para facerlle ver ao Sr. Núñez Feijoo, á conselleira do Medio Rural, á delegada territorial e a que faga falta que o sector da vacún de carne merece un respecto. A excusa de que a Xunta non ten cartos non é crible, se se gastaron máis de nove millóns de euros no proxecto fracasado de Alimentos Lácteos, cómo pode ser que non haxa unha cantidade moito menor para manter un sector como o da carne que mantén a 9.000 familias galegas e que é practicamente a única actividade económica en moitas comarcas do País?





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



