Foz, 2 de maio de 2014. O Concello de Foz executa obras para mellorar á entrada á vila dende Fazouro e a Xunta de Galicia actuou no vial de Fazouro a San Acisclo.
O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural, Pedro Fernández Manín, explicou este venres que “o Concello de Foz segue a arranxar e limpar á entrada á vila dende Fazouro e agora quedanos soamente cortar unhas pequenas árbores que quitan algo de visibilidade e logo poñer as biondas e as sinais, que non entendo como podía estar aquela zona sen elas. Por conseguinte o Concello cumpre desta maneira co que nos tiñan solicitado algunhas persoas particulares de Fazouro e tamén colectivos que se interesaban por esa entrada”.
Ademais Pedro Fernández Manín fixo público “o agradecemento, en nome do equipo de goberno do Concello de Foz, á Xunta de Galicia pola limpeza de árbores que fixo na estrada que une Fazouro con San Acisclo, actuación que fora solicitada polo Partido Socialista nun pleno. Tamén pedían que se arranxara o firme, pero a isto a Xunta contestounos que non se pode facer agora por falla de presuposto pero que se levará a cabo máis adiante”.
O concelleiro focense de Medio Rural rematou comentando que “podía ir tomando nota a Deputación Provincial porque dende que estamos no goberno en Foz non gastou nin un só euro. E hai que ter en conta que hai rúas, como a avenida de Álvaro Cunqueiro, que son propiedade dela e nin fixo beirarrúas nin arranxou as fochas que ten. Por conseguinte a Deputación de Lugo debería tomar nota do que fai a Xunta de Galicia polo Concello de Foz e que empece a actuar”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



