Este xoves 8 de maio o Concello de Lourenzá homenaxeou ós equipos campións no galego de campo a través así como ós deportistas medallistas individuais no galego de pista cuberta.
O acto tivo lugar ás 20.30 horas no Salón de Actos do Concello de Lourenzá, e estivo presidido pola Alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, ademais do Concelleiro de Deportes, Pablo Maseda Fdez. Asistiron tamén o resto de concelleiros da corporación municipal así como a maioría dos compoñentes da sección de atletismo das ED Lourenzá Mondoñedo.
Os homenaxeados foron:
ALEVÍN MASCULINO (EQUIPO SUBCAMPIÓN GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS): ALEXANDRE SANTIAGO / NICOLAS ÁLVAREZ / HUGO VILLALBA / ALEIX DÍAZ / XAQUÍN SÁNCHEZ E MARIO PARDO.
ALEVÍN FEMININO (EQUIPO CAMPIÓN GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS): ANA VALLINES / AINARA RGUEZ / HIBA BOUYZAR / AIHOA LÓPEZ / CARME ALONSO / MARTA ALONSO.
DEPORTISTAS INDIVIDUAIS MEDALLISTAS NO CAMPIONATO GALEGO DE PISTA CUBERTA. RIAZOR (A CORUÑA)
– ALEX SANTIAGO (PRATA EN 1000)
– AINARA RGUEZ (PRATA EN 500 E 1000)
– ANA VALLINES (OURO EN 1000)
– ALEIX DÍAZ(PRATA EN 50 E 500)
– FERNANDO VALLINES (OURO EN PESO)
– LIDIA BARREIRA (BRONCE EN TRIPLE SALTO)





















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
