Lugo, 9 de maio de 2014. O delegado de Cultura e Turismo e portavoz do BNG na Deputación de Lugo, Mario Outeiro, denunciou, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno da institución provincial, a discriminación que están a sufrir os profesores encargados de impartir, até o de agora, os cursos do CELGA, por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística, unha situación á que Outeiro se referiu como “un novo ataque da Xunta de Galiza ao noso idioma, o galego”.
Neste sentido, o deputado provincial explicou que “o pasado mes de xaneiro publicouse a listaxe provisional de profesorado colaborador para impartir os cursos do CELGA como se viña facendo durante os últimos trinta anos. Un profesorado que, durante todo ese tempo, estivo traballando nunhas condicións precarias, sen contrato, sen seguridade social nin dereitos básicos laborais”.
Tras unha denuncia realizada polas traballadoras e traballadores afectados por esta situación, a Inspección de Traballo deulles a razón e, ademais da sanción correspondente á Xunta de Galiza, deu de alta de oficio a este profesorado na Seguridade Social con carácter retroactivo do tempo traballado nos últimos catro anos.
“Ante esta situación, a reacción da Secretaría Xeral de Política Lingüística non se fixo esperar, e non se saíu das súas liñas de actuación habituais a día de hoxe: un novo recorte no profesorado e un novo ataque á lingua galega. Un novo recorte porque despediu aos que eles denominan “profesorado colaborador” para fomentar o pluriemprego ofrecéndolles impartir os cursos de galego a profesores de secundaria como horas extras, e un novo ataque ao galego porque moitos deses profesores non son licenciados en filoloxía galega, un dos requisitos indispensábeis para impartir cursos do CELGA” – precisou Outeiro.
O delegado concluíu a súa intervención lembrando que “estamos ante un novo paso da Xunta de Galiza no seu camiño de pisotear os dereitos da lingua galega e os dereitos básicos da clase traballadora, así como de destruír empregos sen máis miramentos, algo que leva facendo desde a chegada do Partido Popular a esta institución”.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



