A galería BUS STATION SPACE de Santiago de Compostela, acolle a obra de PEPE CÁCCAMO, CARLOS GONZALEZ VILLAR, BALDO RAMOS E CAXIGUEIRO. A exposición “BIBLIOTECA DE OLLADAS” ten como protagonista ao libro,entendido este como territorio aberto á complicidade da literatura e a arte. Catro propostas onde a pintura,a escultura e o gravado dialogan partindo dunha sensibilidade alentada polo ánimo común da poesía. A mostra, que se inaugura o próximo venres, pódese visitar entre o 14 de maio ao 4 de xullo.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



