RIBADEO (FNC) .- O expedente de orzamento municipal para 2009 someteráse a aprobación no pleno ordinario que se celebra a partires das oito da tarde no Concello de Ribadeo. Os presupostos achéganse aos 9 millóns de euros. O alcalde, Fernando Suárez, descoñece “neste momento si serán aprobados ou non, si contarán co respaldo da maioría da Corporación. O que sí debo dicir como alcalde é que poucas veces en poucos Concellos se fixeron tantas xestións e tanto diálogo tentando que os presupostos sexan aprobados pola maior parte dos concelleiros da Corporación”. O rexedor lembra que “fixemos tres reunións previas para dar conta do boceto de proxecto que tiñamos nun primeiro encontro, xa nunha segunda xuntanza tomamos nota de todas aquelas propostas que fixeron os diferentes grupos que forman parte da Corporación, UPRI, PSOE e PP, e xa nun terceiro encontro démoslles conta de que a todos lles fomos estimando unha boa parte das súas propostas, moitas delas encamiñadas a unha serie de inversións, outras a recortar o gasto ordinario…”.
Fernando Suárez entende que “fixemos un traballo serio e riguroso, pero en todo caso a Corporación manda moito máis que o alcalde e esta noite veremos si a Corporación ten a ben aprobar o presuposto de Ribadeo para este 2009”. O alcalde suliña que “é moi importante que este presuposto saia adiante, dada a situación actual que estamos a vivir todos os concellos, pero sobre todo no caso de Ribadeo, porque se poderían perder importantes inversións no caso de que o orzamento non fose aprobado. Estóume referindo a unha partida moi importante de máis de 100.000 euros que nos chegarán desde a Consellería de Medio Ambiente, ainda que nós aportaremos unha parte, dentro do que é o núcleo de sostibilidade…queríamos poñer unhas placas solares na piscina municipal; pero quen dice eso dice varias rúas que necesitan unha parte de fondos propios a nivel municipal que estarían na súa maior parte subvencionadas pola comunidade autónoma no que ten que ver coa rúa San Francisco e coa rúa Villandrando”.
Suárez Barcia advirte que “senón se aproban os presupostos nós non teríamos fondos propios para aportar a esa importante axuda que nos vai dar a Xunta de Galicia. Ao mesmo tempo trataríase de continuar co servizo de axuda a domicilio, que senón aprobamos os orzamentos difícilmente poderíamos seguir co nivel de dotación de persoal co que estamos a tratar a moitos usuarios que o necesitan en Ribadeo”.
Outros asuntos
O rexedor asegura que no pleno de hoxe “hai tamén unha petición que lle queremos facer a Paradores de Turismo de España para que nos cedan un tramiño da súa propiedade que agora é aparcamento para continuar cunha beirarrúa entre a rúa Alza e a súa confluencia coa Avenida de Asturias. É importante esa cesión para facer esa obra no camiño que vai ao cemiterio. Despois tamén trataremos de aprobar e de modificar no seu caso a ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar porque hai que adaptarse á normativa da Xunta de Galicia que regula os métodos de acceso aos servizos, os métodos de prestación e o cobro aos usuarios cuns tramos que van ser máis económicos, axustados á capacidade económica dos usuarios”. Fernando Suárez engade que “tamén tentaremos aprobar a xestión indirecta do servizo de Xantar sobre rodas que pasará a denominarse Xantar na casa, en vez de facelo o Concello como ata o de agora a xestión vai ser a través do Consorcio da Igualdade e do Benestar. Esto vai supoñer un abaramento moi significativo para os usuarios deste servizo, e pola contra o Concello terá que asumir máis custe, pero estamos satisfeitos de facelo así e buscaremos unha vía de financiación externa para que o que ten que pagar o Concello tamén sexa unha cantidade pequena”.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



