Vista Alegre despide a competición ligueira co duelo entre Burela Pescados Rubén e Alcorcón FSF, un duelo entre o subcampión e o terceiro clasificado de Primeira División que pode ser a antesala dun posible enfrontamento na Copa de España, evento que se celebra en Burela os días 7 e 8 de xuño. Ademais de ambos equipos estarán presentes en XX Copa de España o Atlético de Madrid, recente campión ligueiro, e o Universidade de Alacante, cuarto clasificado.
A última xornada de Liga entre mariñás e madrileñas dispútase o sábado día 31 de maio, ás 18.00 horas, e servirá a ambos contendentes como ensaio xeral para a Copa de España. O técnico burelés, Quico Otero cualificou o choque como “trámite aínda que non por iso imos relaxarnos nin baixar os brazos. Queremos pechar a competición cunha vitoria e chegar á Copa de España con boas sensacións. É un reto bonito xogar a Copa na casa e faremos todo o posible para que se quede en Burela. Este equipo entrégase ao cen por cento e sempre da a cara”.
Liga
En fronte estará o Alcorcón que por momentos durante a tempada parecía en disposición de loitar polo título pero que se descolgou demasiado pronto da cabeza. Malia iso, as alfareras son un conxunto perigoso e competitivo. “xogamos ante un rival de gran entidade que compite moi ben e que na seu feudo gañounos con todo merecemento” indicou Quico Otero que para esta encontro suma un novo contratempo. A porteira laranxa, Patri, é baixa segura por un esguince de grado II no xeonllo dereito. Por este motivo “estamos obrigados a adiantar a reaparición de Jozi que se está recuperando da súa rotura fibrilar”. É dúbida para o partido Lidia Mesías que non puido adestrar con normalidade durante a semana debido a problemas musculares.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
