BARREIROS (FNC) .- O artista, Celso Dourado, fixo balance dos primeiros quince días da apertura do seu Eido Dourado. Neste tempo acudiron á casa-museo entre 600 e 700 persoas, “un resultado excelente se pensamos que ainda é o inicio do verán e hai pouca xente”. Entre os turistas que visitan a obra de Celso Dourado, a procedencia é moi distinta, hai un porcentaxe importante de extranxeiros, alemáns e holandeses, tamén xente do interior, de Asturias e veciños de A Mariña de municipios como Mondoñedo, Lourenzá ou Ribadeo.
Celso Dourado afirmou que nestes quince días “se pode facer un balance tremendamente positivo. Contando que é un tipo de evento cultural, para un público que non é maioritario, e que nos atopamos nunha zona rural teño que dicir que está acudindo moita xente. Eu non sospeitaba que no primeiro ano tivera tanta acollida”. A obra de Celso Dourado non se limita á plástica senón que tamén acada a xardinería e a arquitectura da casa. O artista barreirense engadiu que “os visitantes conceden un valor importante aos cadros pero o xardín zen, de cuarzo branco, ten unha sorprendente acollida pola súa orixinalidade. Outra xente fíxase no que é o continente, na edificación, no espazo arquitectónico ao estar feito de materiais reciclados, moita pedra, moita madeira. Por sorte, tanto o espazo paisaxístico, coma o arquitectónico e a plástica son obras do mesmo autor e como eu sempre dixen, é un concepto glogal que ten que ser mirado como tal, o mesmo autor en distintos aspectos”.
Eido Dourado, a exposición permanente de Celso Dourado, está formada por cadros elaborados con técnicas pouco habituais como poligrafías e boligrafías. O seu autor confirmou que “entre os visitantes chaman moito a atención os feitos con bolígrafo porque é máis coñecido e a xente pregúntase como cun simple bolígrafo se poden facer esas obras”.
A Eido Dourado achéganse tamén persoeiros da vida cultural galega, como foi o caso hai uns días do cantautor Mini, recentemente galardoado co Pedrón de ouro, que acudiu coa súa familia a coñecer a exposición permanente de Celso Dourado




















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



