A Plataforma polos Dereitos de Autor dos Xornalistas apoia a enmenda presentada polo grupo socialista do Congreso ao anteproxecto de reforma da Lei de Propiedade Intelectual (LPI), na medida en que lles recoñece tales dereitos á hora de percibir a remuneración equitativa que no seu día se estableza aos agregadores polo uso de contidos protexidos.
A enmenda, presentada polo portavoz do PSOE na Comisión de Cultura do Congreso, José Andrés Torres Mora, supón un avance significativo no recoñecemento dos xornalistas e fotógrafos como autores das informacións, merecedores, xa que logo, de percibir a remuneración correspondente por tales dereitos.
O texto, que enmenda o artigo 32 da LPI, establece que a reprodución polos agregadores de contidos de fragmentos non significativos de obras e prestaciones protexidas “non requirirá autorización, sen prexuízo do dereito dos autores, dos editores, ou, no seu caso, doutros titulares de dereitos a percibir unha remuneración equitativa”.
A enmenda subliña que este dereito será irrenunciable e farase efectivo a través das entidades de xestión dos dereitos de propiedade intelectual.
A Plataforma polos Dereitos de Autor dos Xornalistas recorda que o recoñecemento dos xornalistas como autores aparece de xeito explícito na comunicación da Comisión Europea para “Un mercado único para os dereitos de propiedade intelectual”, do 24 de maio de 2011.
Esta comunicación di que “os xornalistas son os autores e o seu traballo é importante non só porque informan, comentan e interpretan o mundo en que vivimos, senón tamén porque a liberdade de prensa é o testemuño vivo da sociedade democrática e pluralista que é Europa”.
A Plataforma espera que a enmenda reciba o respaldo doutros grupos parlamentarios, entre eles o Popular, que manifestaron nos últimos meses a súa posición a favor de que se recoñeza o dereito das empresas editoras e dos autores de noticias a percibir unha remuneración polo uso das súas obras.
Incluso o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, aludiu o pasado 12 de marzo, no seu discurso polo 110 aniversario do ABC, á iniciativa do Executivo de “recoñecer aos editores e aos autores das noticias unha compensación económica pola explotación dos contidos” na reforma da LPI.
A reivindicación da Plataforma recibiu nese mesmo mes o respaldo da Federación Internacional de Xornalistas e da Federación Europea de Xornalistas, nunha carta que enviaron ao presidente do Congreso, Jesús Posada, e aos portavoces dos grupos na Comisión de Cultura.
Nesa misiva, ambas organizacións instaron aos deputados españois a que “recoñezan aos xornalistas como autores, definan ben os distintos traballos xornalísticos para que deixen de considerarse obras colectivas e garantan aos xornalistas o dereito a decidir sobre o uso e reutilización do seu traballo”.
A Plataforma polos Dereitos de Autor dos Xornalistas, creada en xullo de 2013, reúne á Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE), o Foro de Organizacións de Xornalistas, que integran a Agrupación de Periodistas de UGT, Periodistas de CC OO, Federación de Sindicatos de Xornalistas, Sindicat de la Imatge UPIFC, Col-legi de Periodistes de Catalunya, Colexio de Xornalistas de Galicia e Asociación Nacional de Informadores Gráficos de Prensa y Televisión, e os Colexios de Xornalistas de Andalucía, Castela e León e Murcia.




















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



