CADERNOS DE VIAXE. Calquera que teña un familiar nestas datas nun Hospital galego constatará a absoluta insuficiencia do persoal, das resultas do peche de 1240 camas durante todo o cuadrimestre do verán. Porque, máis barato ca contratar substitucións de persoal sanitario, sae consorciar unha praza nun Hospital privado, onde adoitamos ver dúas persoas asistindo ás noites unha pranta hospitalaria completa, ás máis das veces con doentes moi maiores e con patoloxías graves. Mais na pública, no Hospital Universitario da Coruña, este sábado había só tres médicos de garda no conxunto das prantas de hospitalización.
Somos xa o terceiro territorio do Estado con menos investimento sanitario por habitante. Os doutores do Hospital Comarcal de Valdeorras denuncian a desmontaxe deste Centro, como antes fixeron os de Monforte. A xubilación forzosa aos 65 está a descapitalizar a nosa sanidade, onde xa se contan tres mil prazas menos nos últimos 4 anos.
A que se debe isto? Indubidábelmente no PP estatal existe unha corrente cualitativamente moi poderosa que quere liquidar o Estado do benestar e a sanidade pública, beneficiando, non aos hospitais privados fundados polos médicos e investidores galegos, senón ás grandes multinacionais sanitarias, conectadas coas elites financeiras de Madrid. Mais os recurtes sanitarios actuais débense tamén aos graves erros económico-financeiros de Feijóo e Elena Currás. Por aceptaren, no verán do 2009, un financiamento autonómico que desequilibra continuamente as contas da nosa sanidade polo noso avellentamento e dispersión. E por financiaren a débeda pública precisa para cobrir o déficit a tipos altos, nos peores momentos da prima de risco, por mor dunha deficiente previsión e por esa fachenda que non precisaba acodir ao financiamento sensíbelmente máis barato do Fondo de Liquidez autonómico.
Salvarmos a sanidade pública requirirá reprantexarmos a política de endebedamento autonómico e garantir un sistema de financiamento autonómico xusto con Galicia. Un mellor financiamento que recoñeza eses 500 M€ que custa ao ano a nosa sanidade de máis por mor do avellentamento e do espallamento poboacional. E requirirá que os cidadáns esteamos atentos para defender unha das conquistas máis importantes do noso modelo de sociedade.
Xoán Antón Pérez-Lema.



















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



