Lugo, 28 de xullo de 2014. A Universidade de Santiago e o grupo empresarial Aresa puxeron en marcha este luns a XV edición do Premio de Desenvolvemento Rural coa presentación das bases e a apertura do prazo de presentación de candidaturas. O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, e o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, destacaron neste acto as novidades que presentan as novas bases do galardón e que pasan, entre outras, por ampliar a posibilidade de presentación de candidaturas ás iniciativas empresariais en fase de proxecto.
Os subsectores agrogandeiros, tanto os tradicionais como aqueles que teñen actualmente potencial de desenvolvemento, serán os protagonistas desta décimo quinta edición. De feito, o xurado deste ano valorará novamente nos candidatos a viabilidade económica, a creación de emprego e a posta en valor dos produtos da terra. Pero ademais teranse en conta aqueles proxectos que supoñan a recuperación de subsectores agrícolas e gandeiros tradicionais que teñen potencial, do mesmo xeito que aqueles que supoñan innovación de produtos, métodos produtivos, etc.
A segunda novidade desta edición será que tamén poderán optar ao premio aquelas iniciativas empresariais que aínda están en fase de proxecto, xa que ata de agora aceptábanse unicamente proxectos xa iniciados ou asentados. Tamén poderán optar ao premio, como en anos anteriores, aqueles traballos de I+D+i que sexan orixinais e que teñan aplicación práctica para o desenvolvemento rural.
O Premio Aresa manterá deste xeito o seu obxectivo orixinario que segue a ser atopar un proxecto representativo que mellore a calidade de vida e o benestar das persoas que viven e traballan no medio rural galego.
O presidente de Aresa fixo referencia a este cambio nas bases explicando que “nesta ocasión queremos dar un paso máis no proceso de modernización das nosas bases facendo fincapé nos subsectores agrarios e gandeiros porque teñen moito que ofrecer na actualidade polo traballo que se está a realizar en mateira de innovación e desenvolvemento”.
Pola súa banda, o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, salientou a importancia que ten o Premio Aresa de Desenvolvemento Rural para a USC, ao tempo que reiterou o seu agradecemento aos promotores. Bueno Lema tamén destacou que “o Premio Aresa é un bo exemplo do que debe e pode ser a colaboración entre a Universidade e o tecido empresarial”.
Nesta XV edición do Premio Aresa as candidaturas faranse públicas novamente (a no ser que o candidato exprese o seu desexo concreto de privacidade) co obxectivo de dar a coñecer aos medios de comunicación os proxectos que hai en marcha en Galicia para que podan conseguir o respaldo de empresas ou institucións. As redes sociais utilizaranse para este labor, xa que na súa páxina de Facebook (https://www.facebook.com/Premio.Aresa) poderán consultarse os proxectos que se vaian presentando, así como as distintas particularidades do Premio. As bases poden consultarse xa na web oficial, www.premioaresa.com.
Nesta ocasión o prazo de presentación de candidaturas rematará o 31 de outubro e a selección do gañador realizarase no mes de decembro, como ven sendo habitual, antes do Nadal. O ámbito de actuación ábrese a toda Galicia e durante estes días invitarase a participar no Premio Aresa mediante carta a todas as empresas e institucións vinculadas co emprendemento e a investigación no sector agrogandeiro galego.
A contía do premio segue a ser de 10.000 euros, o que convirte a esta convocatoria nunha das máis relevantes do sector. Este ano, ademais, ofrecerase a posiblidade á empresa gañadora de solicitar asesoramento e axuda para o desenvolvemento do proxecto.
Un ano máis, Álvaro Rodríguez Eiras, animou a todos a participar neste Premio para dar relevancia á actividade investigadora e empresarial vinculada ao eido rural, “que segue a ser un pilar fundamental para a economía galega”.
Premiados nas edicións anteriores
Na traxectoria deste galardón, creado en 2000 e que acadou un recoñecido prestixio no sector, figuran premiados como o profesor da USC Javier Guitián (en 2001), a Aula de Produtos Lácteos (2002) ou a Facultade de Veterinaria (2008). Fóra do ámbito universitario, outros gañadores foron a IXP Ternera Gallega (2004), o programa de TVG ‘O Agro’ (2005), a D.O. Ribeira Sacra (2006), a Asociación de Criadores de Rubia Galega – Acruga (2010) e a Sociedade Agraria de Transformación ‘Montes de Trabada’ (2011).
Recibiron tamén este galardón o director xeral de Agricultura da Comisión Europea, o lucense Xosé Manuel Rodríguez Silva (2003); os impulsores da queixería Casa Macán (2007); e empresas como a industria cárnica Nova Novafrigsa (2000), Ingapán (2009), Champivil (2012) ou Alibós, que foi a gañadora da última edición.

























Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.
A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
As reservas poderán realizarse por teléfono, chamando ao 982 560 162, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas. Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a asistir a esta representación e lembra que as reservas se atenderán a partir da apertura do prazo.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.



