Pinchecarneiro Asociación de novos creadores locais é unha entidade cultural de recente creación en Ribadeo que ten entre os seus obxectivos potenciar o traballo en rede promovendo accións que melloren a representación e visibilidade de novos creadores e deseñadores locais dentro da nosa comunidade.
Coa finalidade de presentar a Asociación a tódolos veciños, dar a coñecer o traballo dos seus integrantes e ofrecer a quen poida estar interesado a posibilidade de facerse socio, levarán a cabao a celebración do primeiro Mercado das Perseidas na tarde -entre as 18.00 e as 23.00 horas- do sábado 9 de agosto no parque de San Francisco no que participarán creadores e deseñadores da Asociación e outros invitados da comarca para mostrar os seus traballos: camisetas, sombreiros e tocados, actividades para nenos, tecidos, complementos, pintura, láminas e debuxos, moda…
Tódolos postos serán decorados de xeito atractivo para que o conxunto resulte interesante e transmita unha boa imaxe ao público. De feito destacan como público diana a tódolos veciños e veciñas de Ribadeo en xeral, e aos turistas, que desexen pasar un rato agradable vendo os traballos dos participantes. Ademais poderán disfrutar da música en directo do grupo local Remakers a partir das 20.30 horas.
Agardan que sexa a oportunidade para mostrar o traballo “ata agora oculto de novos creadores e de deseñadores locais que contan por fin cun foro de participación para transmitir unidos a todo a xente que en Ribadeo xunto coa tradición tamén xurden novas voces e enfoques que nos achegan á vanguardia da creación artística”.










A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



