Burela recibiu este sábado as actividades lúdico-deportivas gratuítas do Lugoteando da Deputación tras o éxito acadado no Valadouro, O Incio e A Pobra do Brollón, que reuniu a preto de 250 participantes. A praia urbana acollerá, entre as 15:00 e as 20:00 horas, as actividades pensadas para todos os públicos, que este programa da institución luguesa leva por toda a provincia. O organismo provincial, que aposta polo lecer ecolóxico como oportunidade económica, ofrece 100 prazas para que participen persoas de todas as idades, a custe cero, nas seguintes actividades, totalmente respetuosas co entorno:
– acuáticas: surf, deporte que consiste en manter o equilibrio de pé sobre unha táboa que é arrastrada a gran velocidade por unha onda que rompe; paddle surf, forma de desprazamento na que o navegante vai cun remo sobre un táboa de surf ou bolas acuáticas, pelotas de plástico transparente coas que se pode camiñar sobre a auga.
– terrestres: simulador de surf, que permite experimentar dun xeito dinámico a sensación de surf e que serve para aprender os primeiros pasos do equilibrio nunha táboa grazas a unha corrente de auga; colchonetas ou gyroboard, un monopatín estático co que realizar diversos xiros e maniobras.
100 prazas para “lugotear” en Guitiriz
Tras a xornada de hoxe en Burela, a Deputación desenvolverá, o vindeiro venres 29, as actividades de Lugoteando en Guitiriz. A praia fluvial de Parga acollerá unha ampla oferta de actividades lúdicas, totalmente respectuosas co entorno, con outras 100 prazas gratuítas. Bolas acuáticas para flotar sobre a auga; scooters acuáticos para mergullarse como golfiños; paddle surf, que tonifica todos os músculos ó remar a bordo de táboas de surf ou simulador de surf que permite experimentar a sensación de deslizase sobre as ondas, son algunhas das actividades, que como en todos os casos están pensadas para persoas de todas as idades, e que terán lugar de 15:00 a 20:00 horas, no entorno deste municipio chairego.
Para participar só é preciso inscribirse en www.deputacionlugo.gal ou no 982-260-147. Os menores de idade deberán presentar unha autorización firmada polos pais ou titores. No caso de quedar prazas libres, os interesados poderán inscribirse antes de comezar as actividades no propio lugar onde se celebren.
Outras 300 en Vilalba, A Fonsagrada e Lugo
Tamén está aberto o prazo de solicitude doutras 300 prazas gratuítas (100 por Concello) para as próximas citas do Lugoteando nas mencionadas canles (www.deputacionlugo.gal e 982-260-147). O calendario é o seguinte:
– 5 de setembro: Vilalba, no complexo da Magdalena.
– 7 de setembro: A Fonsagrada, na Praza do Concello.
– 6 e 7 de setembro: Lugo, na área recreativa de Los Robles.
Deste xeito, a Deputación achega o Lugoteando a todas as zonas da provincia (Sur, centro, Costa e Montaña), sendo, no seu conxunto, un total de 800 as prazas ofertadas a custe cero.
Esta é a 5ª edición desta programación, coa que a institución aposta polos recursos fluviais e litorais da provincia como oportunidades económicas. Lugoteando potencia o ocio medioambiental e o turismo, ó tempo que contribúe a impulsar negocios lucenses de diferentes sectores –hostalería, gastronomía, deportes e multiaventura, etc.-, mantendo postos de emprego, especialmente no rural, e axudando a fixar poboación.










A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



