Burela, 13 de setembro de 2014. O alcalde de Burela, José María González Barcia, arroupado pola práctica totalidade do seu grupo político, anunciou hoxe unha rebaixa de impostos, taxas e prezos públicos de cara ao ano 2015, rebaixa que será sometida a aprobación no pleno ordinario correspondente ao presente mes de setembro.
González Barcia, no seu anuncio, fixo unha introdución referida “á herdanza recibida. Non é unha frase retórica, atopámonos unha situación gravísima, que nos levou a ter que pedir un crédito dun millón cen mil euros para pagarlles aos provedores todas as facturas que estaban sen pagar cando chegamos ao Concello en xuño de 2011. Tres anos despois, a economía do Concello segue sen ser a idónea, polo que temos que seguir mantendo o rigor no gasto, é dicir, non gastar máis do que se ingresa e pagar o que se debe. Pero ten mellorado sensiblemente, dado que cumprimos a estabilidade presupostaria e pagamos en prazo aos nosos provedores. Todo iso grazas ao esforzo dos veciños e veciñas, e tamén grazas ao traballo e xestión deste equipo de goberno, e á colaboración do persoal municipal, lévanos a afirmar que a economía municipal está encauzada, sempre e cando non se fagan tonterías, o que nos permite levar a cabo unha rebaixa de certos impostos e prezos públicos”.
O rexedor bureles tamén manifestou que “antes de tomar esta decisión, a de rebaixa de impostos, fixemos unha análise rigorosa da situación económica: se en 2014, cos mesmo cartos que tiñamos en 2006, somos capaces de manter os servizos que mantemos, e o nivel de investimentos que estamos mantendo, en 2015 tamén podemos facelo, sen gravar as economías familiares e as das pequenas e medianas empresas”.
Polo tanto, “e tendo en conta que o IPC armonizado interanual é do -0’5% a nivel estatal, de cara ao ano 2015 baixarán o 0’5% as taxas de vados, auga, recollida de lixo, cemiterio municipal, ocupación de espazos públicos con sillas, mesas, terrazas e outros materiais, así como o imposto sobre vehículos de tracción mecánica (coñecido como rodaxe)”, afirmou o alcalde burelés.
González Barcia indicou que “tamén queda derogada a ordenanza sobre plusvalías. E queda reducido ao mínimo legal o tipo de gravame da contribución urbana, que pasa do 0’42 ao 0’40. De aí para abaixo, xa non podemos baixala máis, a lei non o permite”.
O alcalde foi moi claro na súa exposición: “se nestes anos tivemos que apretar todos o cinto, agora, que se atisba unha melloría da situación económica, vamos afrouxarlle o cinto aos veciños, pero o Concello vai seguir con el apretado”.
E engadiu: “coas medidas que vamos tomar, queremos manter o nivel de ingresos que ten o Concello, pero non gravar aos veciños, para poder manter o nivel de servizos e de investimentos que estamos mantendo. E digo isto, porque non podemos, tampouco, poñer en risco a capacidade económica do Concello”.
González Barcia dixo que “a medida que tomamos será seguramente criticada por algúns, que soamente pensan en clave electoral; nós pensamos na economía municipal e tamén na economía dos case dez mil veciños de Burela. E se somos capaces de deixar nos petos dos veciños, para que cada un faga con eles o que considere oportuno, cento cincuenta mil euros, e ao mesmo tempo somos capaces a manter os servizos que agora mantemos, considero que non o facemos nada mal”.
Finalmente, indicar que José María González Barcia, tamén presidente da agrupación local do PP, reuniu hoxe mesmo a mediodía aos afiliados en asemblea extraordinaria para comunicarlles a medida, ademais de trasladarlles outras cuestións do ámbito municipal e partidario.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



