A deputada lucense do PP Olga Iglesias asegurou este mércores, na Comisión de Fomento do Congreso, que aínda que non foi a actual ministra de Fomento, Ana Pastor, a que decidiu o trazado da A8; senón o anterior Goberno socialista, desde que o PP chegou ao Executivo estase realizando un seguemento especial e exhaustivo do tramo Mondoñedo-Lindín, no que o pasado mes de xullo produciuse un fatídico accidente, e que se están executando diversas medidas de reforzo da seguridade.
A deputada popular subliñou que cando o tramo Mondoñedo-Lindín-Carreira entrou en servizo, en febreiro de 2014, xa contaba cunha serie de medidas específicas para a seguridade vial en caso de condicións metereolóxicas adversas, que ata o momento non se dispuxeron noutros tramos da Rede de Estradas do Estado e, recordou, por exemplo, que se instalaron tres quilómetros de lámpadas tipo LED en ambas calzadas da A-8 e nos dous carrís de circulación; dous paneis de sinalización variable nas zonas de peor visibilidade e unha estación metereolóxica con visibilímetro e unha cámara de TV conectada co Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste na Coruña. Igualmente, destacou que se puxeron sinais especiais para o vento nas dúas zonas de ventos transversais, o alto do Fiouco e o viaducto de Lindín.
O PP defendeu este mércores unha enmenda na que propoñen manter as medidas de seguridade necesarias para os casos de condicións meteorolóxicas adversas de néboa e vento, e detallou outras medidas postas en marcha polos populares desde que chegaron ao Goberno, tales como 12 novos carteis de sinalización de alta reflectancia e ata un total de 50 novos sinais verticais para que en situacións de néboa limítese a velocidade a 80 km/h e nos que se prohibe adiantar a vehículos pesados e obrígase ao alumado con luces curtas.
Iglesias recordou que tamén se instalaron 6 novos sinais verticais de perigo por vento transversal, dúas mangas en cada un dos viaductos de Curros, Vedros e Lindín, así como dous novos paneis de mensaxe variable para informar aos usuarios achega das condicións metereolóxicas neste tramo e en enlaces de principio e final de tramo (A Xesta e Mondoñedo).
Igualmente, para mellorar a visualización que se leva a cabo desde o Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste da Coruña, completáronse novos tramos de fibra óptica que permitiron a instalación de 3 novas estacións metereolóxicas dotadas de visibilímetros e anemómetros, 4 novas cámaras de TV situadas a 5 metros de altura, e unha nova cámara de TV fixa situada a 2 metros de altura. E para complementar as medidas activas en situación de baixa visibilidade, atópase en execución a obra civil para a instalación das balizas de néboa encaixadas no pavimento, que se dispoñerán ao longo de 4 km nos arcéns da autovía en ambos sentidos cunha separación entre elas de 12 m, similares ás que se instalaron na A-6 no alto de Pedrafita do Cebreiro, tamén na provincia de Lugo.



















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



