Un ano máis, e antes de comezar a XXVIª Tirada de Bolos Concello de Xove, o Concello, a través da súa Concellería de Deporte, xunto co IES Illa de Sarón de Xove, organizan unhas XORNADAS destinadas a promocionar o xogo dos bolos entre os alumnos/as da ESO do IES Illa de Sarón.
Estas Xornadas véñense celebrando dende hai varios anos, contándose para o mesmo, como xa dixemos, coa colaboración do IES Illa de Sarón.
Pola Xornada van pasar tódolos alumnos/as do IES, e nas mesmas se lles van explicar os fundamentos deste xogo autóctono, e todos terán, asimesmo, a oportunidade de xogar.
As xornadas van ter, polo tanto, unha doble vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do xogador Modesto Albo, o xogador máis veterano do Concello de 84 anos, quen se vai a encargar de explicarlles de forma práctica como se tira, como hai que coller a bola, etc.
O programa destas Xornadas, que se vai desenvolver durante os dias 29 e 30 de setembro, é o seguinte:
Horarios
Luns 29 de setembro:
– 09:40 a 10:30 horas: 4º de ESO (10 alumnos/as)
-11:40 a 12:30 horas: 1º de ESO (23 alumnos/as)
Martes 30 de setembro:
– 11:40 a 12:30 horas: 3º de ESO ( 12 alumnos/as).
– 13:40 a 14:30 horas: 2º de ESO (26 alumnos/as)
O lugar onde se van desenvolver estas Xornadas é a NOVA BOLERA DO IES ILLA DE SARÓN, ubicada no Patio do propio Instituto, e que o noso Concello acaba de habilitar instalando no propio patio un PASO E UNHA FINQUEIRA. Deste xeito, de agora en diante, os alumnos/as do IES Illa de Sarón poderán practicar este deporte no propio Centro, cando así o consideren os seus responsables educativos.
O obxectivo destas Xornadas, amáis da promoción deste deporte en sí, é o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo; debido a isto, o Concello hai 14 anos decidiu crear unha Liga Sub 16 co fin de ir preparando xogadores/as que puideran cubrir as vacantes producidas polas citadas retiradas de vellos xogadores.
Loxicamente, por idade, o mellor sitio onde se poderían atopar novos xogadores sería o IES, dado que os alumnos/as da ESO teñan unha idade ideal para comezar neste xogo.
Dende o Concello só nos queda agradecerlle ao IES Illa de Sarón, así como a Modesto Albo, toda a colaboración prestada na organización destas Xornadas.