Ante as últimas declaraccións aparecidas nos medios de comunicación do Sr Val (Secretario Xeral do PSdeG PSOE de Foz) os catro ex concelleiros socialistas de Foz “vémonos na obriga de contestar rotundamente que volve a mentir no número de afiliados que se deron de baixa nestes últimos tempos”.
“Entendemos que o Sr Val e a Executiva Local do PSdeG PSOE de FOZ intentan lavar a súa imaxe, pero a data de hoxe non hai auga que os lave. O Sr Val volve a mentir una vez máis como minteu cando lles dicía ós Concelleiros que non había ninguna reunión co Sr Cancio. Volve a mentir como cando minteu dicindo que os Concelleiros sabían perfectamente que o Sr Cancio ía volver e agora novamente volve a mentirlles ós afiliados do PSdeG PSOE de Foz e máis os vecinos/as do noso Concello”.
“O Sr Val minte rotundamente cando di que os afiliados que se deron de baixa a data de hoxe son 25, pero el sabe que non é verdade. Cando a continuación di que “de todos xeitos son demasiados”. Eses 25 ós cales o Sr Val se refire serían os que ían nun sobre, pero a Madrid chegaron máis sobres Sr Val e máis baixas. O Sr Val e a súa executiva ou non saben realmente a xente que se deu de baixa ou queren tapar a súa incompetencia mentíndolle ós afiliados do PSOE e máis os veciño/as do noso Concello. Estamos tamén en disposición de dicirlle, que están convocando xente para a asamblea que van a celebrar o sábado que xa solicitaron a baixa ó partido mediante carta ou devolveron a última cuota do mes de agosto, polo tanto: Sr Val as súas contas están moi erradas”.
Así mesmo, Ramón Sixto en nome dos exafiliados do PSdeG en Foz, advirte que “se quere o Sr Val pode dar tamén o número de afiliados que nestes días se deron de baixa no resto de agrupacións da Mariña a raíz do acontecido co Sr Cancio. Vostede ó mellor ten os datos incompletos, pero pode haber quen os teña completos de todo”.
Por outra banda, consideran que “temos que recordarlle o Sr Val que minte novamente cando da as datas do expediente de expulsión dos Concelleiros. O Sr Val dí que primeiro lles abriu expediente a executiva Provincial e despois os Concelleiros solicitaron a baixa do partido; pero “os Concelleiros presentaron a súa baixa do partido o día 3 de setembro ás dez da mañá e o Sr Santín e a súa executiva tiveron reunión ese mesmo día 3 pola tarde para tramitar a súa expulsión do partido, ¿ou tal vez non foi así SR Val?”.
“O resto que comenta xa é a repetición do que dixo o Sr Besteiro: que o partido non era de ninguén e volvemos a darlle a mesma resposta que en días anteriores. Nós estamos dacordo co Sr Besteiro, xa que o partido non é de ninguén ; pero unha cousa é predicar e outra ben destinta é dar trigo. Se as cousas foran como di o Sr Besteiro en Foz teríase celebrado unha asamblea para debatir a volta do Sr Cancio,; pero non foi así. Sr Val, vostedes demostraron que o PSOE de Foz e os seus afiliados están mangoneados por catro persoas. E, agora, a toro pasado, convocan una Asamblea ordinaria para dar contas. ¿Contas de qué? Convócana para que lles aplaudan “ós novos “ afiliados que o Sr Cancio foi traendo novamente ó partido para asegurarse o seu futuro. E en relación que neste partido non se lle pode negar a entrada a ninguén a verdade e que lles luce o pelo “puertas abiertas a todo el mundo” debería ser o próximo lema de afiliación. ¿Tan necesitados están de xente , que vale calquera e a calquer precio?”.
Sixto diríxese de novo ó deputado autonómico Val dicindo que “non somos ninguén para pedirlle que demita do seu cargo de Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Foz, pois xa non somos afiliados; pero si estamos capacitados para recomendarlle que marche para a súa casa e leve con vostede ó tránsfuga Sr Cancio. Seguro que os veciñ@s de Foz llo agradecen”.
Finalmente, os exafiliados aseguran que “non perderemos un segundo máis con vostedes. So aclararemos todas aquelas mentiras que nos involucren, para dedicar todo o noso tempo a traballar por e para os veciños do noso Concello axudándolles ós catro Concelleiros a traballar e sacar a diante as necesidades dos nos@s veciñ@s”.


















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



