O obxectivo da campaña céntrase en coñecer de primeira man os problemas cos que se atopan estes empresarios tanto para a posta en marcha dos seus negocios como para o mantemento dos mesmos. Interésanos fundamentalmente coñecer que é o que podemos facer desde o Partido Popular de Viveiro para que o seu labor empresarial desenvólvase coa maior facilidade e en consecuencia alcáncense os obxectivos que se marcaron para os seus negocios.
O comercio, a hostelería e o turismo son actividades dunha importancia básica para o noso municipio: son creadores de emprego, xeran riqueza e valor engadido a Viveiro e do seu éxito e completo desenvolvemento depende en gran medida o desenvolvemento e o éxito de Viveiro como o Concello de referencia na comarca da Mariña e é por iso que desde o Partido popular de Viveiro entendemos que, lonxe de ser un obstáculo para os pequenos empresarios e autónomos, o labor das Administracións Públicas ha de consistir en facilitar o emprendemento, na máis estreita colaboración no desenvolvemento das súas respectivas actividades, en definitiva en tenderlles unha alfombra vermella a todos aqueles veciños que decidan empezar un actividade, ampliar o seu negocio desenvolvelos cara a novos retos.
Esta campaña enmárcase no propósito que se marcou o Partido Popular desde fai varios anos de ter contacto directo e persoal con todo o tecido *asociativo e empresarial do noso Concello.


















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



