O grupo de teatro A Adala achega ó Teatro Pastor Díaz a obra ‘Sen seu amor’ o sábado 4 de outubro a partir das 20.30 horas con entrada gratuíta, xa que forma parte do programa teatral da Deputación Provincial, Buxiganga. Dirixida a un público adulto, a obra conta, en termos cómicodramáticos, a historia real de Emérita e Nicanor, que aconteceu en Foz entre os días 17 e 18 de setembro de 1929. A obra comeza co baile dun tango que pretende transmitir a idea de que a vida é un tango pero que cada quen pode interpretar de moi diversas maneiras
pois para uns a vida é pracer e para outros dor. No caso de Emérita e Nicanor (na obra teatral Carmiña e Nemesio) o seu tango ten sabor agridoce
pois o seu amor é profundo e verdadeiro pero incomprendido polo seu entorno social. A parella vive a escondidas unha bonita e entrañable historia de amor que se ve mediatizada polas súas lecturas da obra Romeo e Xulieta. Pero o tempo pasa e as presións familiares para que deixen de verse cada vez oprímeos máis e máis, chegando a contemplar a opción do suicido como a única saída para o seu verdadeiro amor ao igual que na súa obra teatral favorita. A obra remata cunha escena dramática na que se dá a entender que ambos protagonistas intentan suicidarse e posteriormente vólvese a bailar un tango ao igual que no inicio. Na realidade
Emérita e Nicanor non faleceron senón que ambos quedaron cegos e Emérita faleceu pouco despois.
























Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



